O obxetivo, divulgar o cooperativismo e a economía social, ademais das obras que se produzan dende esta forma de facer empresa.
FestCoop, celebrarase do 19 ao 26 de febreiro de 2016 na cidade de San Gil (Colombia). Este Festival nace no marco das actividades organizadas con motivo do Proxecto da Década Cooperativa que a Alianza Cooperativa Internacional está impulsando e como unha ferramenta de encontro periódico, a través do audiovisual e Internet, que permita visualizar as experiencias cooperativas, da economía social e solidaria.
Colombia será o país que acolla a primeira edición de FestCoop, aínda que como Festival Internacional é un encontro itinerante, ademais dun espazo online aberto (www.festcoop.org) que vai a permitir compartir obras audiovisuais.
A presentación do canal online e as bases de participación serán publicadas o próximo mes de xuño. En canto á presentación de obras a concurso o prazo é do 16 de xuño ao 30 de decembro de 2015.
O festival se dividirá en catro bloques temáticos:
1) A divulgación cooperativa a través do audiovisual: Mostra de Cine Cooperativo e sobre Economía Social e Solidaria ou con valores cooperativos e solidarios.
2) A formación cooperativa e solidaria a través do audiovisual participativo: Concurso de obras realizadas de forma cooperativa pola xuventude e as nenas/os.
3) A creación de contidos audiovisuais a través de modelos empresariais cooperativos: Mostra de cine e audiovisual feito cooperativamente por empresas cooperativas e de economía social de calquera lugar do mundo e sobre calquer temática.
4) Comunicación Audiovisual Corporativa. A comunicación audiovisual para a promoción e divulgación de empresas e organizacións de economía social/solidaria e cooperativas: Espazos de encontro, intercambio e capacitación en temas de comunicación cooperativa e solidaria.
Fai clic : Dossier FestCoop
Esta iniciativa está liderada pola Asociación Internacional Comunicación Cooperativa, unha organización con nacionalidade española que conta ademáis cunha delegación en Chile. A organización está conformada na actualidade por 13 profesionais radicados en 5 países (España, Colombia, Chile, Francia, Bélxica) con experiencia e vinculados ao cooperativismo e a economía social e solidaria.
A Asociación Comunicación cooperativa ten como fin primordial Difundir o cooperativismo e a economía social e solidaria e aumentar as competencias no ámbito da comunicación (interna e externa) das empresas e organizacións cooperativas e de economía social, con especial énfasis no audiovisual e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, como ferramentas do século XXI.