Chamada a participar na Mesa de traballo que vai contribuír a elaborar a Axenda do sector TIC na economía social.

A axenda concretará liñas de acción para crear e consolidar empresas de Economía Social TIC.

Venres 24 Novembro – Santiago de Compostela – 11 h.

 

>> Presentamos

Queremos convidarte á Mesa de traballo que se realiza dentro do Proxecto Laces – Poctep do que fai parte EspazoCoop, para a obtención de información relevante da Economía Social do sector TIC en Galicia e Norte de Portugal que favoreza a concreción de liñas de actuación para crear e consolidar empresas TIC no marco da economía social.

A información obtida nesta actividade incluirase nos contidos dunha Axenda sectorial e unha Guía resumo da mesma, que realizará EspazoCoop.

Lugar: Edificio CERSIA. Alcalde Raimundo López Pol, s/n.
Santiago de Compostela | https://goo.gl/maps/FqhAan3cNGz

Horario: de 11:00 a 14:00 horas.

Para quen?

De forma preferente, entidades de sector TIC da economía social no seu conxunto (empresas, organizacións, redes …), inscríbete aquí

>> Os obxectivos

  • Obter información da situación do sector TIC e da economía social neste sector en Galicia e Norte de Portugal.

  • Contrastar cos axentes participantes, posíbeis liñas de actuación para favorecer a creación e consolidación de empresas de economía social neste sector.

  • Ser un espazo de coñecemento mútuo para as entidades participantes.

>> Os contidos

  • Estado da situación: obtención de información relevante sobre a situación do sector TIC da economía social.​
  • Detección de novas necesidades no sector TIC da economía social que se poidan atender.
  • Novas liñas de negocio.
  • Novas ferramentas e actuacións que favorezan a creación e consolidación de empresas de economía social TIC.

>> O método

Dinámicas e postas en común coa finalidade de que se xeren sinerxias entre as entidades asistentes para o debate, a reflexión e a recollida de información.
Co fin de facilitar esta metodoloxía o número máximo de participantes será de 20.

>> Información e inscricións

Telf. 667 095 688 – email: alexpereira@7hcoop.es.

Inscrición á Mesa de traballo cumprimentando este formulario antes do 23 de novembro de 2017.

[ Proxecto LACES – Código 0129 LACES 1E – Programa Interreg V-A ESPAÑA-PORTUGAL POCTEP 2014-2020 e co Financiamento do Feder ao 75% ]