III RSEncontro, Santiago de Compostela 9, 10 e 11 de xuño.
O RSEncuentro naceu co obxeto de convertirse no encontro anual de tódalas persoas cun interés profundo na ética empresarial e a responsabilidade social desde tódalas dimensións posibles: empresariado, profesionais, persoal directivo, consultoras e consultores, persoal académico e investigador, estudiantes e público en xeral. Será un punto de referencia para tratar temas como o emprendemento social, innovación social e consumo responsable, celebrar talleres prácticos, visibilizar experiencias responsables e organizar un market place, para o intercambio e presentación de institucións, entidades e axentes interesados na RSE.
Contaremos co espazo Market Place, que ten as seguintes características:
Terá lugar na sede da Obra Social ABANCA situada na compostelana Plaza de Cervantes.
Prestaríamosvos un stand de ecodeseño en cartón, composto por unha mesa tipo escritorio cunhas medidas de 1,35 cm x 0.55 cm e unha estructura en forma de árbol con 2 pequenas baldas. Podedes facervos unha idea coa seguinte imaxe.
Dinámica market place 360 º:
Ademais de visibilizar o voso proxecto no stand durante todo o encontro, imos construír entre todos/as un marketplace dinámico e para eso, construiremos o Tendal das Ideas, onde quedará reflectido quenes sodes, que ofrecedes e que buscades. Esto plasmaríase nunha cartulina tamaño A3 do xeito que prefirades: cun debuxo, unha frase, etc., e fisicamente estará colgado no tendal marketplace.
Tamén podedes facer outro idéntico para o voso stand e así os participantes poderán identificarvos rapidamente. Ademais, disporedes de 1 minuto para presentar o voso proxecto a diferentes grupos do público asistente na xornada do vernes 10 de xuño en horario de 11 a 12 h., darémosvos detalles concretos da dinámica nun correo aparte. Ver programa
O III RSEncuentro tratará de acadar o obxetivo de compartir e aprender de maneira activa e participativa sobre Responsabilidade Social.
Para formalizar a vosa participación, cumplimenta o formulario, e realiza a compra da entrada ao encontro.
Mercé Torras: 608 030 181 / María Botana: 658 173 466