II Feira de Emprendedoras de Compostela Economía Social
A II Feira de Emprendedoras de Compostela Economía Social organizada pola USC e o Concello de Santiago celébrase do 26 ao 31 de outubro.
Nela participarán entre outras, mulleres de cooperativas socias de EspazoCoop, Amarelas e Rayados, na Mesa de debate “Empresas consolidas referentes”. Tamén está convidada a presidenta da Unión de Cooperativas, Ana Olveira, que intervirá na Mesa redonda “As persoas no centro da organización: empresas de economía social, liderado motivacións”, ambas mesas están programadas para o sábado 31 na canle youtube que emitirá en directo. O sábado, ademáis, EspazoCoop participará na feira expositiva da Praza de Abastos a partir das 10.30 h.
Esta Feira de Outono está dirixida a mulleres emprendedoras da área de Compostela que teñen entidades de Economía Social. É un evento semipresencial: hai partes que se levan a cabo presencialmente e outras online. Especificamos agora como se fai cada unha.
Temáticas das que se falará:
- Inovación en emprendemento.
- Economía Social – Responsabilidade Social das empresas: “As persoas no centro das organizacións”.
- Responsabilidade Ambiental das empresas: a transformación da nosa contorna é unha das responsabilidades que deben traballar as empresas, algo co cal a clientela está concienciada cada vez máis e esixe.
- Emprendementos de éxito liderados por mulleres que siguen estas fórmulas de responsabilidade.
- A crise xerada pola Covid -19 e posibles solucións a ela.
As modalidades de participación son as seguintes:
TALLER FORMATIVO DE DESIGN THINKING (semipresencial e gratuíto).
Máximo 25 mulleres. Faranse 5 equipos de 5 mulleres.
Crearemos un postre a través do Desing Thinking. A idea é ensinarnos a ser creativas para empatizar coa nosa clientela, definila e idear o produto axeitado para ela.
– Venres 30 de outubro: 18:00 – 19:00 h. Presencial na Aula Gastro da Praza de Abastos de Compostela.
1 muller de cada equipopresenta o produto final e dallo a probar á súa clienta.
Feedback de si é ou non o produto que a clienta estaba buscando.
FEIRA EXPOSITIVA CON CASETAS PARA VISIBILIZAR ÁS MARCAS E OS SEUS PRODUTOS: Presencial, na Praza de Abastos e gratuíto.
Aparte de participar cunha caseta na Feira, faranse entrevistas ás emprendedoras, que se emitirán por streaming, en directo, para axudar a difundir as súas entidades.
PARTICIPAR COMO PÚBLICO NA PLATAFORMA: gratuíto.
Poderase seguir o evento en directo, a través da canle de Youtube de Woman Emprende, ao longo de toda a mañán do sábado, día 31 de outubro, e escoitar o que contan as expertas nas distintas materias. Tamén darase a coñecer e debatirase con empresas consolidadas de éxito, lideradas por mulleres e que crean un tecido empresarial responsable.
– Enlace á canle de Youtube. Aparte de atopar o vídeo explicativo do evento, pódese seguir o encontro, no directo, a través desta canle: https://youtu.be/ICb50G7Vm98
– Enlace ao formulario de inscrición: aquí
– O cartel e o programa do evento.
– As RRSS para seguir a comunicación da Feira:
- Facebook: https://www.facebook.com/womanemprende.usc
- Twitter: https://twitter.com/womanemprende_
- Instagram: https://www.instagram.com/womanemprende.usc/