GALICIA MARKET PLACE, AGROALIMENTARIO
II edición: innovando nas raíces galegas
Emprendemento e inversión en sectores tradicionais galegos; Iniciativas empresariais no sector agroalimentario de Galicia.
Galicia Market Place surdiu en 2015 con vocación de convertirse nun gran escaparate do emprendemento e a innovación no sector agroalimentario galego, destinado a unha xeneración de emprendedoras/es que, desde o coñecemento, está achegando valor aos produtos máis tradicionais.
Luns 20 de xuño de 2016, de 9:00 a 21:00 h.
Círculo de Empresarios de Galicia (García Barbón, 62 – Vigo)
Unha xornada completa integrada por espazos e accións continuadas dando forma a un programa de actividades ao redor do emprendemento agroalimentario galego: escaparate ao londo do día con presentación de produtos de campo e mar; almorzo ao redor da marca “Galicia Calidade”; iniciativas empresariais novas; encontros sectoriais; degustación de produtos do mar; mesas redondas; catas de viños; marketing para hosteleiras/os; etc.