A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Aragón organiza un Foro sobre comunicación na Economía Social e Solidaria (ESS), será en Zaragoza o venres 11,  sábado 12 e domingo 13 de Decembro:

FERRAMENTAS E ESTRATEXIAS COLECTIVAS DE COMUNICACIÓN AO SERVIZO DA ESS E DA TRASFORMACIÓN SOCIAL

Fai clic para acceder ao programa e á inscrición : COMUNICARESTRANSFORMAR.NET

 

PARA QUE ?

A comunicación é unha ferramenta imprescindible para a supervivencia, a extensión e o éxito da Economía Social e Solidaria. Ás veces, sen embargo, as empresas e organizacións que traballan neste terreo non lle dan a importancia necesaria. As razóns e carencias son visibles e compartidas: a falta de recursos, de tempo ou de coñecementos técnicos; o quefacer cotiá que pode levar a cortar as pontes duns a outros proxectos; a ausencia dunha estratexia amplia, accesible e elástica… Para superar estas dificultades cóntase con importantes fortalezas, como a posta en común de experiencias de éxito, a extensión das aprendizaxes na comunidade que formamos ou o trazado colectivo de plans de futuro.

 

POR QUE AGORA ?

Un panorama favorable ábrese ante nós, entidades e persoas da ESS: as sacudidas sociais dos últimos anos e as súas consecuencias, xunto ás novas figuras interlocutoras políticas que, desde unha análise da realidade máis ou menos cercana á nosa, acceden a institucións locais e rexionais, dan como resultado novas opcións de desenvolvemento, visibilidade e complicidades. Para aproveitar esta coxuntura esperanzadora, para situarnos á nosa vez como interlocutoras indispensables nos procesos de transformación social, necesitamos estratexias comunicativas claras e certeras, cercanas e propias, que doten aos proxectos, as redes, os promotores/as e as persoas, de ferramentas útiles á nosa medida, ás nosas intencións e a estes ventos a favor.

 

COMUNICACIÓN COMÚN ?

Algunhas das tarefas que se realizan na comunicación da ESS, aínda que poden lograrse en soidade, benefícianse do encontro, da alianza, da colaboración. Outras, sen embargo, polo súa natureza colectiva, enredada e de miras amplias, precisan da posta en común experiencias e saberes, para formarse colectivamente en materia de comunicación política e social, dotarse de estratexias colectivas e testar alianzas posibles.

 

PARA QUEN ?

O encontro está dirixido a persoas que traballan a comunicación dentro da ESS; tanto se son expertas, e a comunicación é a actividade principal do seu traballo, como se non o son, pero realizan tarefas comunicativas no seo da súa entidade.

 

EIXOS TEMÁTICOS DO FORO E DOS TALLERES :

  1. Redes Sociais
  2. Transparencia e Participación
  3. Relacións con Medios e Institucionais
  4. Mercadotecnia Social

 

DINAMIZA : El Salmón Contracorriente – Pandora – Traficantes de Sueños – Enreda – ColaBoraBora

CUSTO DA MATRÍCULA : 75 € (inclúe aloxamento, comidas, e material)

 

FONTE DA NOVA: http://comunicarestransformar.net/