Servimedia organiza o 27 de octubre, ás 11,15 horas, no CENTRO DE ESTUDIOS AVANZADOS (dependente da universidade de Santiago), da man de Momentum Project, un encontro informativo sobre As oportunidades do emprendemento social en Galicia co obxetivo de dar a coñecer e promover novas iniciativas empresariais de carácter social. Inaugura COVADONGA TOCA , Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.
Contarán coa presencia de:
CARMEN JOSÉ LÓPEZ, Presidenta de AJE Galicia (Federación Galega de Xóvenes Empresarios/as). Investigadora do Centro de Estudios Cooperativos da Universidade de Santiago de Compostela (CECOOP-USC). É licenciada en Dereito e socia cofundadora do despacho de avogados/as Lustrum Abogados.
LUCíA SABORIDO, Socia fundadora / Directora en SACENDI. SACENDI xestiona servizos para o sector da terceira edade como centros de día, axuda a domicilio e centros multiservizos baixo o nome de SARAIVA. O seu obxetivo: mellorar a calidade de vida dos maiores e as súas familias a través de innovadores modelos de atención personalizada. É ponente en congresos nacionais e internacionais de investigación no sector xerontolóxico.
RAMóN NAVARRO, Cofundador e director de expansión e comercial de Freshcut. Elabora baixo a marca Galifresh produtos frescos de IV e V gama. Freshcut é un centro especial de emprego, que ten a maior parte do seu cadro de persoal, o 76,5% formado por persoas con algún tipo de discapacidade.
LIDIA DEL POZO. Directora de Programas e Patrocinios sociais de BBVA.
Momentum Project, co apoio de BBVA e a colaboración do Instituto de empresa é un dos programas de apoio ao emprendemento social e medioambiental máis importantes do país. O seu obxetivo é apoiar o emprendemento social con proxectos en en marcha que necesitan afianzar e garantir a súa viabilidade, ademais de ofrecerlles un completo programa de formación e asesoramiento que lles axude a mellorar o seu proxecto e multiplicar o seu impacto social e económico.
Invitación : aquí
Inscrición: eventos@servimedia.net