Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde que ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de:
1. Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.
2. Apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento.
Establécense os seguintes programas:
I: Programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
II: Programa de fomento do acceso á condición de persoa socia.
III: Programa de impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
IV: Programa de promoción das cooperativas xuvenís.
Prazo de presentación de solicitudes : do 17/07/15 ao 17/08/15
Fai clic, para abrir e descargar os documentos informativos:
– Resumo das axudas elaborado por Ugacota
Ademais, en relación con estas axudas, podes acceder nos seguintes enlaces á :
– Sede electrónica da Xunta de Galicia
– Oficina virtual da Xunta de Galicia