Subvencións | “Bono Consolida Economía Social”
Publicadas no DOG as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social para a anualidade 2022.
A finalidade da orde é apoiar a consolidación das entidades da economía social e reforzar a súa presencia no tecido económico de Galicia co fin de incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
- sociedades cooperativas
- sociedades laborais
- empresas de inserción
- centros especiais de emprego
** Non poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades beneficiarias na anterior convocatoria 2021.
Os conceptos subvencionables son:
- Equipamento informático.
- Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas Web.
- Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
- Mellora na eficiencia enerxética.
- Adquisición de equipamento.
- Reforma do local de negocio.
- Mobiliario.
- Obtención de certificacións de calidade.
- Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
- Plan de Protección de datos.
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2022 ou ata esgotar crédito.
Por último, lembrarvos que algúns dos servizos subvencionables por esta convocatoria de axudas poden se prestados por cooperativas socias da Unión de Cooperativas. Dende EspazoCoop queremos animar ás cooperativas que vaiades a solicitalas a contactar con outras asociadas que poidan atender as vosas necesidades a través dos seus servizos.
Directorio de Cooperativas Socias, neste enlace
Fonte: Web rede Eusumo.