A Unión de Cooperativas Espazocoop abre a convocatoria de “Bolsas xerenciais en cooperativas” dirixida a persoas desempregadas menores de 35 anos con estudios finalizados na área empresarial.
As bolsas darán a posibilidade de realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa durante 6 meses para impulsar e apoiar o ámbito xerencial.
Durante a estadía en prácticas se analiza, deseña, planifica, e desenvolven accións de mellora na xestión da cooperativa. Faise co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, e en cordinación coa cooperativa, apoiando as necesidades e demandas de esta.
As bolsas están asociadas a un programa formativo.
Prazo para solicitar unha bolsa xerencial: 23 de maio de 2017.
Localidades das bolsas: Narón, Santiago de Compostela, A Coruña, Verín, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Convocatoria de Bolsas Aquí
Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.
Colabora: Coceta – Fondo Social Europeo.