Iniciamos ECONOMÍA SOCIAL TIC | Canle divulgativo na Rede do Proxecto Laces

/, Novas do cooperativismo/Iniciamos ECONOMÍA SOCIAL TIC | Canle divulgativo na Rede do Proxecto Laces

EspazoCoop participa no Proxecto LACES – Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social – que se enmarca no programa europeo Interreg V- A España – Portugal (Poctep) 2014-2020, nun partenariado de 9 socias, liderado pola Xunta de Galicia e xunto ás entidades USC, Agaca, Aesgal, Utad, Tec Minho, In.cubo e Adrave.

A través de LACES búscase contribuír ao fomento da Economía Social na Eurorexión Galicia – Norte de Portugal, mediante 3 obxetivos:

1 – Contribuír a visualizar e difundir a Economía Social (ES), mediante a identificación de oportunidades de actividade vinculadas a sectores emerxentes ou ao aproveitamento de recursos endóxenos do espazo transfronteirizo.

2 – Perseguir a creación e consolidación de empresas de ES favorecendo a xeración de emprego de calidade na Eurorexión Galicia – Norte de Porgugal.

3 – Reforzar e mellorar a capacitación do talento das persoas, favorecendo a adquisición de habilidades e competencias empresariais mediante estratexias de cooperación empresarial, as experiencias de traballo e a formación no ámbito da Economía Social.

Laces son un conxunto de servizos agrupados en 4 laboratorios piloto orientados a poñer en marcha novas estratexias de promoción e apoio á economía social en sectores emerxentes e a modernizar os máis tradicionais para favorecer a consolidación e a creación de empresas e de emprego de calidade na Eurorrexión.

Laboratorio 1- Identificación de oportunidades de negocio.

Laboratorio 2- Creación e consolidación de empresas de ES.

Laboratorio 3- Creatividade e comunicación da ES.

Laboratorio 4- Reforzo e mellora da capacitación do talento das persoas.

 

A UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP neste marco do programa ven de poñer en marcha algunhas das accións previstas  que forman parte do conxunto de servizos de Laces, como son estas 4 actividades :

1 | A elaboración dunha Axenda para fomentar a creación e a consolidación de empresas de ES no Sector TIC, e unha Guía resumo.

2| O deseño dun módulo formativo para promover a creación e a consolidación de empresas de ES no Sector TIC.

3| Un estudo de necesidades dunha unidade de recursos interactivos para oportunidades de negocio no sector da ES.

4| A xeración e dinamización dunha canle temática a través de redes sociais para difusión da ES como xeradora de emprego de calidade no sector TIC.

En relación á canle de divulgación, creáronse xa perfís nas redes socias coa denominación ‘ ECONOMÍA SOCIAL TIC’ en facebook, twitter, instagram, e tamén está previsto que se realice en youTube, que se poden seguir, e nos que se promoverán contidos vinculados aos obxetivos do proxecto, relacionando o impulso da economía social, o emprego (en colectivos como a xuventude), e o sector tic, empregando distintos recursos atractivos que sustenten un discurso didáctico ao redor da canle temática, mediante vídeos de entrevistas, fichas de iniciativas empresariais da ES, publicacións, notas ou infografías.

Animamos a que sigades estas novas canles para difusión e impulso da economía social!.

 

Proxecto LACES ‘ O Impulso da Economía Social’ :

Proxecto LACES – Código 0129 LACES 1E – co financiamento europeo do FEDER ao 75% e no marco do programa Interreg V-A España-Portugal POCPET 2014-2020.

2017-11-10T14:02:21+00:00 10/11/2017|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies