A Confederación da Economía Social (Cepes) recibe a Medalla de Ouro ao Traballo

/, Novas do cooperativismo/A Confederación da Economía Social (Cepes) recibe a Medalla de Ouro ao Traballo

O Consello de Ministros mediante os correspondentes Reais Decretos, aprobou a concesión de catorce Medallas de ouro ao Mérito no Traballo, entre elas está a concedida á Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), polo que a economía social está de enhoraboa.

Este galardón concédese co fin de premiar e destacar o mérito dunha conducta socialmente útil e exemplar no desempeño dos deberes que impón o exercicio de calquera traballo, profesión ou servizo.

Cepes conta cun volume global de empregos directos e indirectos de 2, 2 millóns, as entidades que engloban a economía social (Cooperativas, sociedades laborais, confrarías, asociacións do sector da discapacidade, centros especiais de emprego, entidades de economía alternativa e solidaria, entre outras) atopan en CEPES a súa institución representativa e de interlocución coa administración pública. Fan parte dela vinteoito organizacións.

O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, sinalou que “toda a familia da Economía Social agradece profundamente este importante recoñecemento do Goberno de España , que nos anima a continuar no desenvolvemento e fomento do modelo de empresa de Economía social que aposta pola creación de emprego estable e de calidade e pola achega de valores ao ámbito empresarial”

Pedreño comentou que a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo supón un aliciente na búsqueda de espazo que entendemos debe ocupar a Economía Social nas políticas públicas tras amosar no último anos que xerou riqueza, que apostou polo desenvolvemento dos territorios, priorizando ás persoas no seu modelo empresarial e reinvertindo os  beneficios para o mantemento das empresas”

O movemento cooperativo galego tamén fai parte de Cepes e de toda a familia da Economía Social, como é o caso de Ugacota a través de Coceta.

2017-01-27T13:55:40+00:00 12/05/2016|Destacados, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies