As cooperativas participan no Fórum Gastronómico | Coruña, 12 – 14 marzo

Inicio/Novas do cooperativismo/As cooperativas participan no Fórum Gastronómico | Coruña, 12 – 14 marzo

As cooperativas participan no Fórum Gastronómico | Coruña, 12 – 14 marzo

Un grupo de cooperativas galegas de produto alimentario estarán no Fórum Gastronómico 2017 que terá lugar en Expocoruña, entre os días 12 e 14 de marzo. Entre outras, participan as cooperativas socias de Espazocoop: Como Cabras, Pulponor, Milhulloa, e Cannaliza.

Fai clic : Dossier informativo Expositores do Cogaco no Fórum Gastronómico

Esta participación desenvolverase a través dun posto común do Consello Galego de Cooperativas onde se informará sobre todos os aspectos do cooperativismo, as súas potencialidades e as solucións que ofrece como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego. E ademais daranse a coñecer ao público e aos profesionais asistentes produtos e servizos prestados por 16 cooperativas galegas co fin de establecer contactos, relacións comerciais e desenvolver redes de cooperación empresarial para, deste xeito, contribuír a fortalecer o sector e poñer en valor o feito diferencial cooperativo.

Así mesmo, as cooperativas asistentes participarán nuns encontros con doce importadoras procedentes de Holanda, Bélxica, Reino Unido, Irlanda, Polonia e México co fin de darlles a coñecer os produtos novedosos e de calidade da gastronomía propia de Galicia.

As cooperativas  presentes no Fórum Gastronómico presentarán produtos lácteos e derivados, apícolas, cárnicos, hortofrutícolas, do mar e da pesca, vitivinícolas e doutras bebidas, son: Artesáns da Pesca, S. Coop. Galega, Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega, Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, S. Coop. Galega, Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega, Cannaliza, S. Coop. Galega, Como Cabras, S. Coop. Galega, Condado Paradanta, S. Coop. Galega, Cooperativa Agraria Provincial, S. Coop. Galega, Cooperativas Lácteas Unidas, S. Coop. Galega, Freshcut, S.L., Milhulloa, S. Coop. Galega, Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega, Pulponor, S. Coop. Galega, Terras da Mariña, S. Coop. Galega, Verín-Biocoop, S. Coop. Galega y Vicogalo, S. Coop. Galega.

Fonte: Web Eusumo

2017-03-09T14:46:57+00:00 9/03/2017 |Novas do cooperativismo|0 Comments

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies