A Subdirección xeral de Economía Social convida ás cooperativas a candidatarse para ser sede do Día do Cooperativismo 2017

//A Subdirección xeral de Economía Social convida ás cooperativas a candidatarse para ser sede do Día do Cooperativismo 2017

Como cada ano, a Secretaría xeral de Emprego organizará os actos para a celebración do “Día do Cooperativismo” o próximo día 1 de xullo.

Co fin de acercar esta celebración a todas as cooperativas, a Subdirección xeral de Economía Social enviou unha invitación a Espazcoop Unión de Cooperativas Galegas para que a difundamos entre as nosas asociadas.

Se estades interesadas en que ese evento teña lugar na sede da vosa cooperativa, podedes facerllo saber e achegarlles unha proposta antes do próximo 11 de abril, no correo economiasocial.emprego@xunta.gal. Os custos da celebración do acto son por conta da Secretaría xeral de Emprego (salvo os gastos correntes da cooperativa colaboradora, como a auga, luz, ou limpeza).

Dende a Unión animamos ás cooperativas socias a candidatarse para a celebración do Día do Cooperativismo 2017, que sen dúbida tamén repercutiría na vosa proxección, dada a relevancia deste acto.

Para máis información, sobre as condicións que se precisarían en canto a instalacións ou sobre o desenvolvemento do acto podedes contactar con Espazocoop no telf. 981 57 55 78 ou no correo mar@espazo.coop (Mar Pernas).

Fai clic : Carta de invitación da Subdirección xeral de Economía Social.

2017-03-31T13:13:43+00:00 31/03/2017|Convocatorias|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies