A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza unha sesión de intercooperación dentro do Programa ‘ECONOMÍA SOCIAL MEETING’, para cooperativas e as diversas organizacións que compoñen o sector da economía social en Galicia o próximo 16 de novembro.
Será unha acción de 2 horas de duración, realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro pola Economía Social Galega (Cegasal, Aeiga, Agaca, Aesgal e EspazoCoop), co obxetivo de crear un espazo de encontro, coñecemento e colaboración.
Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.
No encontro previsto para o venres 16 de novembro, tratarase ademais, a temática específica das convocatorias e liñas de axudas no ámbito da I+D+i do GAIN Axencia Galega de Innovación, contaremos para a sesión cunha persoa Técnica deste organismo.
Data e horario: Venres 16 de novembro | De 09.30 a 11.30 horas.
Lugar de celebración: Rúa Tomiño 22, baixo, Santiago de Compostela (na sede de Agaca)
PROGRAMA: Aquí | CARTEL Aquí | INSCRICIÓN: Aquí
ORGANIZA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Entidades colaboradoras : Foro pola Economía Social Galega – GAIN Axencia Galega de Innovación
[ Esta xornada enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]