Networking Cooperativo “Tecendo Rede”

 

 

EspazoCoop organiza o vindeiro 1 de xullo de 2025 en Coruña o Encontro Networking cooperativo “Tecendo Redes”, de 10 a 13 h, cuxos obxectivos son: fomentar o coñecemento mutuo e os vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre dúas temáticas estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas) e a colaboración coas administracións públicas (licitacións, contratos menores, convenios, etc.).

O encontro será conducido por unha dinamizadora con ampla experiencia en intercooperación, economía social e colaboración co sector público, o que conleva un acompañamento práctico, dinámico e orientado a resultados reais.

A partires das 12:45 h servirase un petisco para continuar co networking informal.

INSCRICIÓN neste enlace 

PROGRAMA neste enlace

Trátase dunha actividade de dinamización do tecido cooperativo no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio, no marco do convenio de colaboración 2025 entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello da Coruña.