As cooperativas de ensino galegas ante os seus retos inmediatos
Sábado 09 Xuño 2018 – Centro Sociocultural de Fontiñas – 10 h. – 13.45 h.
R/ Berlín, 13 | Salón de Actos- Santiago de Compostela
Entre os obxectivos da Unión de Cooperativas Espazocoop, atópase o de incrementar o contacto coas súas cooperativas socias, de cara a coñecer, de primeira man, cal é a súa situación real, tanto no eido organizativo como no empresarial, e tratar de detectar aquelas situacións que polo feito de ser comúns ao conxunto do sector, neste ocasión do cooperativismo de ensino, poidan ser obxecto dunha actuación pilotada dende a propia Unión. Partindo desta motivación, a sesión do 9 de xuño terá o seguinte programa :
>> PROGRAMA <<
10:00 h. Recepción participantes.
10:15 h. Presentación da xornada.
Miguel A. Filgueira Touriño. Vicepresidente de Espazocoop.
10:30 h. Novidades normativas que afectan aos centros de ensino e os retos que conlevan.
Belén Rodríguez Lago. Asesora Xurídica de Espazocoop e Aces-Galicia.
12:00 h. Pausa-Café
12:30 h. Como afrontar o relevo xeracional nas cooperativas de ensino.
Ana Rosa Lorenzo Vila. Cidadania Rede de Aplicacións Sociais S. Coop. Galega
13:15 h. Espazocoop como ferramenta de mellora das cooperativas de ensino. Catálogo de servizos da Unión.
Constantino Gago Conde. Xerente de Espazocoop.
13:45 h Conclusións e peche.
Inscrición previa! podedes inscribirvos neste enlace. Esperamos verte!
—
Esta actividade enmárcase na programación 2018 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.