Almorzos cooperativos | Vigo 7 de xuño

Encontros para a intercooperación entre entidades e organización da Economía Social

Na Unión de Cooperativas Espazocoop temos cita para unha nova sesión dos Almorzos Cooperativos de Vigo: mércores 7 de xuño. Acompáñanos!

Na sesión de abril tivemos tempo para as presentacións iniciais, agora queremos pasar a traballar as vías de cooperación, as posibilidades de colaboración.

Na nova sesión trátase de concretar e identificar iniciativas, proxectos ou actividades nas que tendes interese en colaborar. Gustaríanos contar contigo novamente, e, se non participaches na anterior xornada, podes incorporarte agora …

 

PROGRAMA AQUÍ  INSCRICIÓN AQUÍ

Vigo | Mércores 7 de xuño | 9.30 – 11.30 h. | Onde?

Centro da Rede Eusumo – Universidade de Vigo
Escola Universitaria de Estudos Empresariais. Seminario 11.
Rúa Conde de Torrecedeira, 105. Vigo.

Destinatarias

Lembra, o programa é de acceso libre (previa inscrición), e está destinado a:
cooperativas e entidades de economía social (sociedades laborais, fundacións, asociacións, ONGs, empresas de inserción, centros especiais de emprego, etc.)

Convoca: Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas

Colaboran: Rede Eusumo | Consellería de Economía, Emprego e Industria – Xunta de Galicia | Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo | ECOBAS Grupo de Investigación da Universidade de Vigo.