Accións formativas de EspazoCoop

[ MAIO ]

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta a súa Programación Formativa para Maio de 2021 ofrecendo 5 actividades.  Os cursos previstos desenvolveranse en modalidade Teleformación, a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop.

Son gratuítos, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso.

  • Contabilidade cooperativa – nivel 0 | 20 h. | Inicio 7 de maio . Inscrición pechada
  • Contabilidade cooperativa – nivel pro, supostos | 20 h. | Inicio 12 de maio
  • Pílula formativa: Planificación estratéxica | 5 h. | Inicio 18 de maio
  • Lánzate a emprender en cooperativa (Avanzado) | 40 h. | Inicio 20 de maio
  • Pílula formtiva: Organización cooperativa | 5 h. | Inicio 31 de maio

Como é a nosa modalidade de teleformación?:

O tempo de estudo de cada curso está conformado con diferentes modalidades e obxectivos:

  • Hai unhas horas que son as sesións virtuais de aprendizaxe: con data e hora determinada, que teñen unha duración de 90 minutos, para propiciar o traballo conxunto e colaborativo entre as participantes e para presentar determinados temas.
  • Outras horas que serán as que utilices libremente como alumna/o para ler os contidos que estarán ao teu dispor na plataforma, na Aula virtual de EspazoCoop, para estudar materiais, revisar webgrafía, visionar os vídeos, realizar e enviar as tarefas que se piden no curso á persoa Titora, e revisar a súa retroalimentación.
  • Un tempo que usarás e  organizarás libremente para a participación nos Foros, Titoría coa docente e, finalmente, un tempo para a Avaliación final da formación.

Os cursos hai que completalos no marco do tempo das datas de inicio e fin indicadas para cada acción formativa.



Contabilidade cooperativa  – nivel 0

| Do 7 ao 26 de maio | 20 horas | 2 sesións virtuais de aprendizaxe. Inscrición pechada

Esta formación é para ti si queres iniciarte na contabilidade cooperativa: que é?, para que serve?, como nos axuda na toma de decisións, ademais de coñecer ferramentas contables para interpretar os estados financeiros.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Contabilidade cooperativa  – nivel pro, supostos

| Do 12 ao 31 de maio | 20 horas | 4 sesións virtuais de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres coñecer máis afondo a contabilidade cooperativa a través de casos prácticos, si xa tés certos coñecementos na materia e queres alcanzar un nivel máis profesional.

Fai clic: Programa | Cartel | Inscrición

 



Pílula formativa: Planificación estratéxica

| Do 18 ao 24 de maio | 5 horas | 1 sesión virtual de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres definir os principais obxectivos que pretende conseguir a túa cooperativa ou organización (Que queremos conseguir?), así como as grandes liñas estratéxicas de actuación (Como imos levalo a cabo?) nun marco temporal que pode ir de 3 a 4 anos.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición



Lánzate a emprender en cooperativa

(nivel avanzado)

| Do 20 de maio ao 18 de xuño | 4 horas | 3 sesións virtuais de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres coñecer e afondar no modelo cooperativo como fórmula do autoemprego colectivo: as características das cooperativas, as condicións e pasos a dar para emprender en réxime cooperativo, cales son as achegas sociais e económicas deste modelo, e para coñecer de primeira man experiencias reais de cooperativas en funcionamento.

Fai clic:  Programa | Cartel | Inscrición



Pílula formativa: Organización cooperativa

| Do 31 de maio ao 5 de xuño | 5 horas | 1 sesión virtual de aprendizaxe.

Esta formación é para ti si queres afondar na parte principal das cooperativas: as persoas. Coñecerás como se traballa nunha cooperativa, como se configura a relación das persoas coa cooperativa, as habilidades sociais e persoais básicas e a organización societaria da cooperativa para repasar e afondar nos aspectos máis importantes.

Fai clic:  ProgramaCartel | Inscrición



[ Estas actividades están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]