21-23 N Vigo| Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil, impulsado polo cooperativismo de ensino
Do 21 ao 23 de novembro celébrase en Vigo o Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil 2024 na Escola de Enxeñería Industrial da UVigo, que este ano celebra a súa edición número trece, no evento colabora EspazoCoop a través da súa Sectorial de Cooperativas de Ensino.
O Foro é unha iniciativa colaborativa, promovida pola escola cooperativa Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, xunto co Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
Contará coa participación de perto de cen escolares de educación Secundaria e do último ciclo de primaria, pertencentes a 9 centros de ensino de Galicia e Cataluña, entre eles 2 cooperativas de ensino membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop:
- Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo (Pontevedra)
- Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior (Pontevedra)
Ademais dos centros, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita (Lugo), Escola Bertrán de Sabadell (Barcelona), Instituto El Cairat (Barcelona), Poeta Uxío Novoneira (Lugo), Josefinas Ourense (Ourense), Sagrada Familia de Aldán (Pontevedra), e IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín (Pontevedra).
O Foro de investigación naceu pola iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, na procura da promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar e estimulala a que se sume a este tipo de actividades.
Que outros obxetivos ten?
– Potenciar a investigación do alumnado de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e países e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes lugares.
No concreto o Foro celébrase para divulgar Traballos de Investigación, estes traballos serán expostos mediante presentación co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os participante. A metodoloxía empregada para esta iniciativa promove que ao longo do curso escolar se traballe en equipos, baixo a dirección e acompañamento do profesorado dos centros. Neste Foro presentan os traballos realizados, con actitude crítica e opinións encontradas ao redor da investigación científica, exporán e transmitirán todo o proceso realizado e as problemáticas atopadas no mesmo. Traballan solidariamente nos equipos con compromiso e practicando a cooperación, fomentando este tipo de relacións e de traballo.
Cartel, 13ª edición, aquí (*)
Programa do Foro
A Inauguración do evento terá lugar o xoves 21 de novembro a partir das 16 h. na Escola de Enxeñería Industrial da Universedade de Vigo.
No Programa previsto pódese apreciar a variedade de ámbitos temáticos dos 36 Traballos de Investigación que se presentarán:
O Acto de Clausura e entrega de diplomas terá lugar o venres 22 de novembro ás 18 h., e a partir das 18.20 h., visita a talleres da Escola de Enxeñería Industrial.
O día 23 de novembro está destinado a que os centros e as persoas participantes no Foro gocen de actividades lúdicas, este ano está prevista unha visita á localidade de Cangas do Morrazo, á que se desprazarán en barco dende Vigo.
—
*Deseño de cartel do Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil edicións 2022, 2023 e 2024, realizado por Mar Ochando Salgado.