Proxecto ES Factory [Interreg España-Portugal]

 

 

-Dende 2023 ata 2026

-ES FACTORY: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal.

O Proxecto ES FACTORY foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 o cal promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea. ES FACTORY está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións, no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo.

O proxecto está en vigor dende outubro de 2023 para por en funcionamento unha Rede de Aceleradoras de empresas de economía social de Galicia e do Norte de Portugal.

[ Obxectivos ]

  • Impulsar e consolidar o emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se desenvolvan a través da economía social.
  • Detectar novas oportunidades e liñas de negocio en actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal que fomenten a retención e atracción de talento.
  • Impulsar a profesionalización do ecosistema emprendedor e potenciar, atraer e reter talento no territorio transfronteirizo.
  • Creación da Rede de Aceleradoras de economía social transfronteriza.
  • Identificación e promoción do peso da economía social de Galicia e o Norte de Portugal.

[ Principais actividades de ES Factory ]

Unidade transfronteiriza para a vinculación da economía social con outros ecosistemas emerxentes no territorio transfronteirizo.

  • Impulso de accións de consulta para conectar a economía social con otros ecosistemas emerxentes do territorio galego e do norte de Portugal. Mediante 5 mesas de discusión nas que se identifiquen 15 oportunidades de negocio na economía azul, verde, prateada, laranxa e amarela.
  • Desenvolvemento de 5 axendas intersectoriais para favorecer o nexo entre economía social e os sectores emerxentes, e desenvolver tres seminarios de presentación.
  • Programa Formo-Talento: Identificación e formación de entidades prescriptoras da economía social e programa de bolsas xerenciais.

Pilotos para a implantación de novas metodoloxías, sistemas de testeo e desenvolvemento de cooperativas de plataformas dixitais.

  • Ferramentas e recursos de apoio e impulso dunha asesoría virtual de documentos adaptados para o desenvolvemento de actividades emerxentes con fórmulas da ES.
  • Desenvolvemento de pilotos de cooperativas de emprendemento para xerar emprego de calidade. Estudo lexislativo e aplicabilidade.
  • Desenvolvemento de pilotos de cooperativas de plataformas dixitais a través das cales poñer en contacto a oferta e a demanda.

Rede de aceleradoras transfronteirizas ES Factory para a creación e consolidación de proxectos de economía social

  • Cinco convocatorias de proxectos e organización de eventos de avaliación de capacidades das persoas promotoras, aqueles proxectos que sexan innovadores, acelerables, ou que impacten en colectivos de interese.
  • Academia ES FACTORY para capacitar e mellorar as habilidades de persoas e acompañar e asesorar no autoemprego e na creación de empresas, a través de cinco programas de formación e asesoramento empresarial.
  • Espazos de encontro para o fomento da intercooperación entre empresas, financiadores e potencial clientela, a través de dous foros de investimento e tres encontros de visibilización e acceso a produtos e servizos da ES.

Desenvolvemento do Observatorio de ES da Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e impulso da valorización e visibilización.

  • Desenvolvemento dunha metodoloxía unificada que permita a recopilación de datos de entidades de economía social.
  • Atlas de entidades de economía social e directorio informativo.
  • Desenvolvemento do observatorio de economía social de Galicia e o Norte de Portugal, mediante un espazo web no que visibilizar as experiencias e o coñecemento da economía social.

O proxecto ES FACTORY conta cunha subvención FEDER por importe de 1.368.976,08 € para o desenvolvemento do seu programa ata o ano 2026.

Novas relacionadas: