CULTSOS: Alianza estratéxica para o Sector Cultural
– Período: Dende febreiro de 2024 ata 30 de xuño de 2025
– CULTSOS: Alianza Estratéxica para o Sector Cultural da Economía Social
– Proxecto financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para os ano 2024 2025.
CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e o aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.
Desenvolvemento de metodoloxías, ferramentas, solucións e plataformas tecnolóxicas que impulsen as fórmulas da Economía Social no sector cultural.
CULTSOS busca dar resposta aos desafíos actuais do sector cultural, como a atomización, a falta de cooperación, a dificultade de acceso ao financiamento, a dependencia de fondos públicos, a falta de competencias de xestión e a debilidade organizativa.
Ademais, aborda a necesidade de adaptación aos cambios sociodemográficos e a revolución dixital, fomentando a dixitalización e a creación de narrativas aliñadas co desenvolvemento sostible.
CULTSOS diríxese a empresas e profesionais do sector cultural, e os seus desenvolvementos buscan beneficiar ao conxunto da sociedade, facilitando o acceso á cultura, a participación cidadá e a colaboración en proxectos culturais.
Obxectivos
CULTSOS funciona dende os seguintes compromisos e obxectivos:
- Fomentar os valores e a figura da Economía Social
- Facilitar a colaboración e promover o asociacionismo
- Promover a modernización do sector cultural
- Facilitar o acceso ao financiamento privado, fomentar o mecenado cultural
- Buscar sinerxias e a xeración de economías de escala
- Apostar pola sostibilidade das empresas culturais e a formación dos seus xestores
- Sensibilizar sobre o papel prioritario da cultura
- Fomentar narrativas aliñadas co desenvolvemento sostible
- Desenvolver ferramentas e solucións que faciliten a comunicación e a fidelización dos públicos da cultura
- Mobilizar a demanda do sector cultural (as audiencias), promovendo a creación de cooperativas de consumo.
- Crear puntos de encontro donde dar visibilidade a exemplos de boas prácticas
Quen participa no proxecto?
As entidades socias de CULTSOS son unha agrupación de 7 entidades:
KULTIBA S.Coop. É unha empresa cooperativa, cuxa actividade principal, céntrase na consultoría, o asesoramento e o acompañamento, a organizacións desde unha visión sistémica e holística da CULTURA.
REDS. É unha asociación, que aglutina a universidades, administracións públicas, empresas e sociedade civil, coa misión de apoiar a difusión e implementación da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en España.
ESPAZOCOOP. EspazoCoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial e sen ánimo de lucro, configurada como asociación de cooperativas, integrada por 266 cooperativas de ámbito galego.
GOIENA KOMUNIKAZIO TALDEA S.Coop. é unha empresa cooperativa centrada na prestación de servizos de comunicación e a promoción de actividades culturais con carácter local.
MONDRAGON LINGUA ALECOP S.Coop. é unha empresa cooperativa do sector formativo, cuxa actividade principal céntrase na elaboración de materiais, equipamento e contidos didácticos, así como na prestación de servizos formativos e de consultoría educativa.
ISEA S.Coop. Con sede social en Mondragón (Guipúscoa), e forma xurídica de cooperativa, é un Centro de Investigación e de excelencia na competitividade das empresas mediante o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o emprendemento, especializado no ámbito dos Servizos Empresariais Avanzados.
GARAPEN. Garapen é unha asociación profesional que aglutina ás 34 axencias de desenvolvemento constituídas polas institucións locais do País Vasco.
Actividades
Entre as actividades e accións que vai realizar CULTSOS están:
- A revisión das tendencias actuais no ámbito do desenvolvemento sostible da cultura
- Identificar boas prácticas e casos de éxito internacional
- Xerar un directorio de empresas do sector cultural do estado, elaborar un estudio de detección de necesidades do sector en varios ámbitos
- Elabora estudos prospectivos en empresas culturais da economía social, en varios ámbitos
- Desenvolver metodoloxías, manuais, materiais de soporte e contidos formativos para o emprendemento mediante fórmulas de economía social
- Crear unha ferramenta de autodiagnose para analizar empresas culturais,
- Crear un portal web para apoiar o mecenado cultural
- Elaborar unha plataforma de punto de encontro, desenvolver unha plataforma de eLearning
- Organización dun Foro sobre o papel prioritario da cultura
- Organización de misións comerciais
- Creación dun Observatorio de innovación na cultura
- Organización de webinars de intercambio de boas prácticas
Leave A Comment