Xornada de presentación do proxecto de intercooperación O TENDAL 

A Quinta da Auga, Santiago de Compostela
CÓMO CHEGAR
Xoves 13 de Novembro ás 16:00 horas

Desde O TENDAL convídanvos a participar nunha xornada centrada nas novas estratexias de marketing para o posicionamento de empresas. Se formas parte dunha cooperativa ou sociedade laboral, ou tes unha idea de negocio que responda aos valores da economía social, achégate e comparte con nós as túas necesidades e inquietudes. Os nosos convidados/as ofrecerán consellos, pistas e experiencias que quizais che interesen.

Laura Camino : Social Media Strategist e coTeam Manager en ZyncSocial, axencia de marketing online en Barcelona. Laura é o perfecto exemplo de cerebro galego emigrado. Temos moito que aprender con ela.

Pablo Buján: Director comercial das Bodegas Martín Códax, unha das cooperativas galegas con mellor penetración no mercado exterior. Cal será o seu segredo?

Raquel Doallo: Socia de Cestola na Cachola, unha pequena cooperativa que está extendendo o seu proxecto a unha velocidade que dá envexa.

Ao remate do acto, ofrecerán uns petiscos mentres intercambiades impresións sobre a xornada. Anímate!
COMUNICACIÓN O TENDAL
Marián Fernández   /  Tel. 650 579 208
info@otendal.es