Venres 19 de outubro, no hotel Porta do Camiño de Santiago de Compostela
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais é o impulsor do fomento da innovación no cooperativismo mediante o proxecto I+COOPERA, dirixido a promover un sector cooperativista máis competitivo mediante o impulso de proxectos e actividades diversas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.
A xornada “A innovación vista de cerca” pretende achegar experiencias reais sobre innovación e recursos . As persoas participantes coñecerán de primera man seis experiencias en innovación e un conxunto de recursos dispoñibles para pór en práctica a innovación nas súas entidades.
¿Por que asistir?
- Coñecer as novidades e experiencias prácticas vinculadas coa innovación nas cooperativas
- Ter a oportunidade de acceder á información das Redes de Innovación
- Informarse sobre os mecanismos de financiamento de proxectos de I+D+i
- Coñecer exemplos dos servizos que recibiron as cooperativas dende I + COOPERA
Se adxunta o programa
INSCRICIÓN: Inscribete na Xornada a través do seguinte formulario web. Ata o 17 de outubro de 2012.
Inscricións: http://www.innovacioncooperativas.com/content/inscricion-na-xornada-experiencias-e-oportunidades-de-innovacion