Cooperativas: una alternativa fronte a crise.
Mércores, 17 de outubro de 2012
Salón de actos da EGAP (Santiago de Compostela)
A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, na súa labor de fomento e divulgación do cooperativismo e a economía social, é consciente de que na actualidade as cooperativas amosan a súa capacidade como motor de crecemento e convértense nunha alternativa real de emprego estable e de calidade. Por iso, e co obxectivo da divulgación e promoción do emprendemento cooperativo, organizamos a Xornada: “Cooperativas: unha alternativa fronte a crise”, que se celebrará o día 17 de outubro a partir das 10:00 horas na sede da EGAP, na cidade de Santiago de Compostela.
Obxectivo da Xornada:
Neste encontro presentarase o PROXECTO COOPERA+ que consiste nun proxecto europeo, (cofinanciado polo Programa de Cooperación Territorial España-Portugal 2007 -2013), cuxo obxectivo é articular medidas que contribúan á promoción e consolidación das cooperativas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.
Compartindo este mesmo obxectivo de fomento da cultura emprendedora cooperativa, a REDE EUSUMO promove o sector da economía social entre os axentes sociais e económicos configurándose como un instrumento de acción descentralizada constituída por todas aquelas entidades sociais, administracións locais e outros centros colaboradores, que desexen formar parte da mesma e que formalicen a cooperación coa Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, beneficiándose así dos medios comúns e do traballo en rede.
Todas as empresas e persoas interesadas ou que precisen más información poden poñerse en contacto no teléfono 981 563 252 ou a través do correo electrónico: cooperativas@forogalego.com
Para unha mellor organización da mesma rogamos que cumprimenten o formulario de inscrición que estará a súa disposición na seguinte páxina web: