Organizacións de cinco países analizaron o alto grao de accidentes no sector dos coidados.

A análise foi realizada no marco dun proxecto europeo para desenvolver ferramentas para a seguridade laboral no sector de coidados. Os accidentes de traballo son un 34% máis que noutros sectores de actividade.

“Segundo datos europeos, o grao de accidentes no sector social, como o de coidados domésticos ou asistencia de persoas maiores e enfermas, é un 34% superior ao promedio doutras áreas de actividade”.

Esta é a primeira conclusión da investigación inicial do proxecto europeo “European project on training tools for health and safety at social services enterprises (WBTTHS) “; un proxecto feito por organizacións de cinco países da Unión Europea (España, Italia, Portugal, Romanía e Bulgaria) para desenvolver un grupo de ferramentas de formación (con vídeos e cursos), para promover a seguridade e a saúde no sector dos servizos ás persoas.

As organizacións envoltas no proxecto son as seguintes : Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA); Associação Nacional para a Acção Familiar (ANJAF) e a Associação Portuguesa de Saúde, Higiene e Segurança no Trabalho para o Desenvolvimento e Cooperação Internacional (APSHSTDC) de Portugal; o Istituto Nazionale di Formazione della Lega delle Cooperative e Mutue (Inforcoop) e a productora  Oltremodo, de Italia; a empresa de formación de Bulgaria Balkanplan; e o Group For European Integration (GIE) de Romanía.

Na segunda das cinco reunións do proxecto, que tivo lugar en Pitesti (Romanía), APSHSTDC presentou o primeiro borrador da enquisa feita para identificar as necesidades en saúde e seguridade no traballo dos servizos sociais (específicamente naqueles servizos que se dan a persoas maiores, ou a outras persoas dependentes en residencias ou no fogar). Esta investigación servirá como fonte de información para facer as ferramentas de formación.

Os principais riscos nesta área , que son similares en todos os países estudiados, están relacionados con: exposición aos químicos, axentes biolóxicos (contacto con enfermedades infecciosas e contaxiosas), riscos psicosociais (bullying, violencia e especialmente stress relacionado co traballo); riscos físicos, mecánicos e eléctricos (uso de equipamento, golpes, caídas), enfermedades posturales e músculo-esqueléticas.

Na reunión, as directoras de vídeo de Oltremodo presentaron o borrador do primeiro guión do audiovisual que se realizará durante o proxecto.

O segundo día da reunión, a organización italiana Inforcoop presentou o modelo de experimentación co que se validarán as ferramentas ( perfil das compañías, definición de grupos de traballo nacionais, actividades planificadas) que servirán para chequear a resposta do público.

Finalmente, para as conclusións da reunión, a directora de COCETA, Paloma Arroyo, referiuse ás necesidades das persoas que traballan no sector de coidados, tanto en casa como no fogar. Remarcou a necesidade de ferramentas para promover bos hábitos e previr accidentes, especialmente en mulleres, que representan un alto porcentaxe dos accidentes neste sector económico.

Levaranse a cabo próximas xuntanzas para discutir e analizar o proceso do proxecto en Italia, Portugal e Bulgaria. Haberá presentacións en cada país e unha presentación final en España.

 

Este proxecto realízase co soporte da Comisión Europea.

Esta comunicación reflicte as visións só das persoas autoras, e a Comisión non se fai responsable por ningún uso da información aquí contida.

Para máis información comunicarse co Departamento de Comunicación:
Tel: 91.446.9750 | prensa@coceta.coop | www.coceta.coop

A Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) é a organización empresarial que representa ás cooperativas de traballo asociado integradas nas Unións, Asociacións e Federacións de Cooperativas de Traballo Asociado que existen nas 17 comunidades autónomas de España.
COCETA é a organización con maior número de empresas da economía social integrada en CEPES.