O Concello de A Coruña, entidades sociais, económicas e educativas acordan por unanimidade as accións a desenvolver dentro do Plan Local polo emprego durante os próximos dous anos.
O pasado 18 de marzo, o Alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, presidiu a Comisión de Dirección do Pacto Local polo Emprego no que aprobou a integración de cinco novas entidades: Asociación Down Coruña, Fundación Juan Soñador, Fundación Ronsel, Federación de asociacións de familiares e enfermos mentais (Feafe) e a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.
Ademais , nesa sesión aprobouse de manera definitiva o Plan de Acción do Pacto Local polo Emprego, que se desenvolverá entre 2013 e 2015.