O curso de Experto/a Universitario/a en Economía Social (EUES), organizado pola Universidade de Zaragoza, ten aberto o prazo de inscrición ata o 30 de setembro, para aquelas persoas que queiran formarse na xestión e dirección dun modelo de organización diferente.
O curso impártese nun formato semi-presencial, e ofrece a posibilidade de bolsas totais ou parciais de matrícula. O seu programa, ademais dos módulos de aprendizaxe e os talleres especializados, contempla viaxes académicas a empresas e movementos da Economía Social aragonesa e española, e inclúe a posibilidade de realizar prácticas en empresas do sector.
É a única ferramenta formativa de ámbito universitario sobre a Economía Social en Aragón, e que se suma á oferta doutras formacións universitarias no territorio español (Euskadi, Valencia, ou Cataluña… ).
Este curso está dirixido a persoas emprendedoras que estén iniciando a súa actividade dentro da Economía Social e a todas as persoas con interese por coñecer este sector en progresión. Ao mesmo tempo para os profesionais de organizacións de Economía Social e da Administración Pública que queiran ampliar os seus coñecementos nesta área atoparán neste curso unha ferramenta eficaz e útil para elo.
Consulta o programa, fai clic : Experto/a Universitaria/a en Economía Social 2015-16
Conta co apoio e a colaboración do Instituto Aragonés de Emprego (INAEM), e é herdeiro do labor da Escola de Xerentes de Cooperativas de Zaragoza, primero centro de formación específico en Economía Social, así como do Diploma en Dirección de Organizacións da Economía Social (DOES).