O Servizo de Xénero, Igualdade, e Diversidade (GED) e a Unidade de Cooperativas (COOP) da Organización Internacional do Trabajo (OIT) emprenden unha iniciativa conxunta Mapeo da prestación de servizos asistenciais a través de cooperativas, lanzando unha enquisa para comprender mellor a realidade existente.
Podes participar, a vosa opinión axudará a coñecer mellor a prestación de asistencia e coidados mediante ditas entidades, e a precisar os recursos que necesitan as cooperativas para súa viabilidade en canto empregadoras e provedoras desos servizos.
Responder á enquisa leva aproximadamente 20 minutos. Para responder á enquisa, fai clic: Enquisa
Na presentación da enquisa a OIT comenta que:
As necesidades das persoas en materia de atención e coidados están aumentando e volvéndose cada vez máis complexas. En tódolos países as poblacións envellecen, e a esperanza de vida actal non ten precedentes. As modalidades de traballo asistencial actuais son diversas: desde o coidado de nenas e nenos e o coidado de persoas maiores, ata o coidado a longo prazo de persoas con discapacidade ou enfermidades crónicas. En gran medida quenes asumen o traballo de prestación de servizos asistenciais son mulleres.
Ao haber máis necesidade de coidados, o sector dos servizos asistenciais presenta un inmenso potencial de xeración de emprego para os vindeiros anos, en especial para as mulleres e outros grupos que soen quedar excluídos do mercado de traballo. Moitas das necesidades existentes en materia de coidados seguen desatendidas, ou resólvense con solucións non remuneradas. Para que as mulleres e outros grupos excluídos realmente gocen da igualdade de oportunidades no mundo do traballo, é imprescindible atopar solucións que fagan do sector da prestación dos servizos asistenciais un mercado de traballo igualitario e sostible.
En todo o mundo, as cuestións da inclusión da forza de traballo e do benestar das persoas suscitaron a estreita actuación das cooperativas. Como estas entidades básanse na xustiza social, a igualdade e a democraciá, preséntanse como alternativa novidosa para a provisión de atención e como empregadoras. As cooperativas asistenciais parecen estar ben situadas para exercer de vehículos que abran acceso ao mercado laboral, por un lado, e de provedoras de servizos de prestación de coidados, polo outro. Con todo, queda moito por comprender sobre a prestación de servizos asistenciais a través destas entidades.
A OIT marca como obxeto desta enquisa:
1. Definir o panorama das cooperativas que prestan servizos asistenciais, incluso, das súas beneficiarias, socias/os, obxetivos e alcance;
2. Verificar o contexto lexislativo, social e económico que determina a prestación de servizos asistenciais a través de cooperativas;
3. Precisar os problemas e as posibilidades que se plantexan ás cooperativas para iniciar e manter a prestación de servizos asistenciais e a concesión de emprego decente;
4. Determinar os recursos que necesitan as cooperativas para súa viabilidade en canto prestadoras de servizos asistenciais, empresas e empregadoras;
5. Evaluar canto de positiva é a incidencia das cooperativas nos medios de subsistencia das súas traballadoras e traballadores, das persoas beneficiarias da asistencia, e da comunidade máis amplia, en comparación coas opcións públicas e privadas de prestación de asistencia;
6. Determinar se as cooperativas asistenciais e as cooperativas que prestan servizos asistenciais están rexistradas; e
7. Determinar baixo que formato as cooperativas asistenciais e as cooperativas que prestan servizos asistenciais están rexistradas.