O Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP) da Universidade de Santiago de Compostela celebra os días 3 e 4 de Novembro de 2016 o Seminario: Lei de Economía Social de Galicia: Perspectivas de Futuro.
A Lei da economía social de Galicia ten entre os seus obxectivos principais o de poñer en valor este sector económico, dotalo da relevancia que merece polas súas achegas á sociedade e impulsar a súa capacidade de xerar un modelo de desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentable.
Pretende, igualmente, achegar solucións ao complexo panorama sociolaboral e constituírse nun estímulo para a dinamización do autoemprego e do emprendemento enraizado no territorio, e ten como protagonistas as persoas.
Neste seminario participan integrantes do CECOOP, entidades do cooperativismo e a economía social galega como UGACOTA, AESGAL, Cáritas, ou Arroupa, o Presidente do CIRIEC, a Universidade Politécnica de Valencia, ou a Subdirectora Xeral de Economía Social da Xunta de Galicia.
Descarga o Programa: Aquí
A USC está asociada á Rede Eusumo que é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.