Outra Forma de Vivenda e o Concello de A Coruña organizan as xornadas “Outra Forma de Vivenda é Posible“, que terán lugar os días 16 e 17 de xuño no Centro Ágora de A Coruña.

Outra Forma de Vivenda é unha cooperativa de cesión de uso sen ánimo de lucro de vivendas accesibles, sustentables e comunitarias na cidade de A Coruña, coa que a Unión de Cooperativas Espazocoop está colaborando.

Programa aquí

A programación conta coas seguintes áreas:

Mesa 1: O papel das institucións. O público como axente facilitador e impulsor de novos modelos de vivenda
Mesa 2: O papel da cidadanía, construindo dende abaixo
Mesa 3: Outra forma de vivenda é posible: accesibilidade universal, vida comunitaria e sustentabilidade
Mesa 4: Acompañamento profesional: a xestión e o financiamento

(Nesta última mesa participa Ramón Carmelo Rodríguez Padín, Secretaría Técnica de Coop57, e Alfredo Losada, Git Galiza Norte de Fiare Banca Ética, entre otras personas)

Dinámica participativa: obxectivos e conclusións

 

Motivación da xornada:

“Cada vez aparecen máis voces críticas que demandan un cambio no xeito de habitar e de afrontar a xestión do
hábitat, e dun dereito universal como é a vivenda, e que como tal, ha de estar lonxe da especulación e do lucro.
Unha das cuestións invisibilizadas no habitar das nosas sociedades é a diversidade da poboación, que se
traduce na escaseza dunha oferta de vivendas que faciliten o benestar e a autonomía de tódalas persoas, sendo
preciso pensar o hábitat dende o deseño universal.

No mesmo sentido, o elevado impacto ambiental do sector da construción e dos hábitos cotiáns tampouco é un factor que se teña en conta na medida axeitada. Finalmente, hai que destacar a necesidade de promover unha cidadanía activa e responsable, participante da definición e a xestión do seu propio hábitat nas distintas escalas.
Dende a administración, é importante traballar no deseño e implementación de novas políticas públicas no
eido do Dereito a un hábitat digno, que podan axudar a revertir décadas de desinterese institucional e de mercantilización da Vivenda.

Consideramos que o impulso institucional é imprescindible pero non suficiente; para mudar o modelo
socioeconómico que xira arredor da vivenda é preciso contar coa cidadanía organizada e a súa implicación.
Neste sentido, xorden estas xornadas interdisciplinares, organizadas polo Concello da Coruña e pola iniciativa
Outra Forma de Vivenda, co obxectivo de reflexionar desde o colectivo sobre os novos modelos de vivenda, o
papel da cidadanía no deseño e construción do seu propio hábitat, ou o rol das institucións como impulsoras destas
novas fórmulas.

As xornadas servirán para comparar modelos de éxito, xerar ideas e ofrecer solucións, así como para
profundizar sobre aspectos clave como a accesibilidade niversal, a vida comunitaria (no eido da axuda mutua, os
espazos compartidos e a relación co barrio) e a sustentabilidade, sempre partindo do dereito á vivenda como
dereito universal.”

 

Outra Forma de Vivenda
www.outraformadevivenda.org
www.facebook.com/coop.viviendasadaptadascoruna
@CoopOfvCoruna