Cepes elaborou o estudio “Fomento da presencia da Economía Social no emprendemento de base tecnolóxica”. Do mesmo despréndese que os sectores económicos emerxentes vencellados ás TIC presentan unha proxección importante de crecemento, sendo un nicho clave para emprender dende a Economía social.
As empresas e entidades da economía social teñen nestes sectores presencia sinalada en términos de emprego, así como características diferenciais dos seus cadros de persoal (maior grao de feminización, alta cualificación e presencia de persoas con discapacidade) e das súas condicións laborais.
“A Economía Social, grazas a súa aposta pola innovación e a I+D+i, valora e fomenta que o emprendemento de base tecnolóxica adquira un lugar prioritario dentro da creación de novas empresas do noso sector. Por elo, imos traballar para achegar ás persoas emprendedoras de base tecnolóxica as interesantes posibilidades que lles ofrecen os modelos empresariais de emprendemento colectivo”, sinalou o presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.
Ademais, estos sectores de emprendemento de base tecnolóxica soen ofrecer mellores características en canto ás condicións dos postos de traballo que xeneran: emprego de alta e media cualificación, con maior porcentaxe de xornadas a tempo completo, maior estabilidade dos contratos (máis do 83% dos traballadores/as do sector ten contrato indefinido) e maiores salarios (o salario medio é un 26% superior ao conxunto da economía).
Fai clic para descargar o Estudio : Fomento da presencia da Economía Social no emprendemento de base tecnolóxica
Fonte da nova: web de Cepes, se queres leer máis, fai clic aquí