Emprendemento cooperativo en Centros de Formación da rama de hostelaría
O xoves 18 de outubro comeza a nova edición do Programa Cooperativismo e Gastronomía no CIPF Carlos Oroza de Pontevedra, organizado por Ardora Formación y Servicios, S. Coop. Galega, ao abeiro do programa de actividades de fomento do cooperativismo promovido pola Consellería de Traballo e Benestar.
O Programa Cooperativismo e Gastronomía estase desenvolvendo en Centros Educativos e Escolas nas que se imparten os ciclos formativos da Familia Profesional de Hostelaría co obxectivo principal de difundir o cooperativismo como fórmula de autoemprego para os futuros profesionais do sector da hostelaría e restauración.
As actividades desenvólvense en dous bloques sucesivos e complementarios: unha xornada de fomento do cooperativismo con relatorios, experiencias, audiovisual e coloquio, e un bodegón-exposición de produtos cooperativos. Ademais, presentarase a exposición gráfica Camiñando cara ao cooperativismo, que realizará un percorrido itinerante por todos os centros participantes.
Colabora no programa a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-UGACOTA.
Máis información: ardora@ardoraformacion.com
Contacto: Purificación Alfonso. Tlf. 655 58 63 02