“Mellor xuntos” é un programa da TVG dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas. Todas estas cooperativas comparten a mesma aptitude de igualdade, de traballo en común, ou de esforzo. As integrantes explican que, independentemente da actividade empresarial á que se dedique unha cooperativa, sempre se baseará na filosofía de que xuntos/as se desempeñan mellor os oficios.
Empezaron a emitir o programa este mes de outubro, xa levan tres, nos que puidemos coñecer a algunhas das cooperativas socias, entre outras, como Pulponor, 7H, Rede de Apoio, Melandrainas, Metal Unión, Tagen Ata, Cestola na Cachola, ou Lusco e Fusco.
Podes ver os programas emitidos na web da TVG: Programa Mellor Xuntos – TVG
Foto: Metal Unión s. coop. galega