Memoria social de EspazoCoop 2023

EspazoCoop asocia a 265 empresas cooperativas e a 2.899 cooperativistas, que se sitúan dentro dunha cultura de traballo basada nos valores e principios cooperativos, nunha xestión democrática, e nas persoas. Conta ademais, con sectoriais e grupos de traballo, Ensino, Cultura, Asesorías-Consultorías, ou Consumo.

 

 

EspazoCoop presta servizo en toda a comunidade galega, e ten abertas 3 oficinas en Galicia: na Coruña, Santiago e Vigo.

O vídeo da Memoria da xestión social 2023 dá conta da actividade desenvolvida e da xestión económica.

 

Descargar o documento da MEMORIA SOCIAL 2023 de EspazoCoop neste enlace

 

Representatividade e influencia política

O principal obxetivo de Espazocoop é a incidencia política. O traballo político adquire gran peso na Unión, e destaca pola defensa das demandas do sector cooperativo.

A representación é relevante dende dúas perspectivas:

  • resolver problemas
  • contar con recursos para as cooperativas e as actividades e servizos da Unión de Cooperativas.

En EspazoCoop xestionáronse preto de 624.000 € en 2023 para programas de Fomento do Cooperativismo, a través de convenios e axudas, un 10% máis respecto do ano anterior.

Grazas ao traballo político e representativo de 2023, continúa acadando logros e avanzando en:

>> Aumento de orzamentos para o cooperativismo a través de programas como o Bono Consolida, Aprol Economía Social, ES Transforma, axudas locais para o sector, etc.

>> Solución de problemáticas, como posibilitar o acceso das cooperativas a convocatorias de axudas en distintas administracións ás que non podía presentarse o sector cooperativo.

As relacións institucionais, con axentes sociais, redes e colaboradoras, destacaron pola defensa das demandas da base social e do sector cooperativo, representando ás socias e ao cooperativismo en xeral, mediante a participación en reunións con distintas consellerías, a sinatura de convenios de colaboración, a participación nas 18 redes entre elas o Foro pola Economía Social Galega, o Consello Galego de Cooperativas, o CES, Coceta, Uecoe, ou Reas Galicia, son algúns dos fitos en 2023.

Difusión e promoción do cooperativismo

con máis de 800 beneficiarias, 24 entidades colaboradoras e 47 actividades.

A creación e consolidación de cooperativas

con 130 proxectos pre-cooperativos atendidos, 23 cooperativas constituídas, e 62 empregos cooperativos, son os datos na área de emprendemento cooperativo.

En canto á consolidación de cooperativas en funcionamento, con 334 cooperativas beneficiarias, un 20% máis  destacan por un lado, os programas de intercooperación, de asesoramento, mentoring, apoio na xestión, ou a formación especializada, a través de 7 programas da Unión que procuran o seu crecemento e desenvolvemento empresarial.

Formación

cunha oferta formativa de 31 actividades e 646 beneficiarias, un 67% máis.

Comunicación

segue implementando medidas dos plans establecidos, e con presenza continuada en distintas canles, con máis de 80 impactos informativos en medios de comunicación e 6.300 seguidorxs en redes sociais.