Organizada pola Xarxa d`economia solidària de Catalunya, un ano máis organízase a FESC (Feira da economía solidaria de Cataluña), con 180 expositores, 79 adhesións ao manifesto, 55 propostas de actividades e 76 persoas voluntarias.
Será os días 24, 25 e 26 de outubro de 2014 na Fábrica de Creació Fabra i Coats, Sant Andreu, Barcelona, e haberá unha ampla participación de cooperativas nas distintas seccións :
1 Alimentarnos – 2 Comunicarnos – 3 Coidarnos – 4 Reculturizarnos – 5 Divertirnos – 6 Educarnos – 7 Financiarnos – 8 Habitar 9 Servizos a empresas – 10 Vestirnos
Web da FESC : http://www.firaesc.org/
Cales son os obxetivos da FESC ? :
1 Dar a coñecer a economía solidaria
2 Divulgar as alternativas que aporta a economía solidaria á crise
3 Dar visibilidade ao tecido comercial e empresarial da economía social e solidaria
4 Incrementar a consciencia de “sector económico”
5 Fomentar a intercooperación
6 Aumentar o nome de persoas e organizacións comprometidas
7 Consolidarse
Entre outras entidades, Coop57 colabora e apoia a organización da FESC.