O venres 19 e o sábado 20 de setembro 2014, celébrase en Vigo un gran encontro cooperativo!
COOPERLAND, o ‘ II ENCONTRO EUROPEO DE PRÁCTICAS COOPERATIVAS CIDADÁS ’

Infraestructuras analóxicas para a cooperación social

 

Búscase facer un debate baseado na intelixencia colectiva de todas aquelas persoas que teñen interés e/ou forman parte de prácticas cooperativas*. Convidan a quen teña inquietudes afíns a este Encontro a compartir a experiencia e coñecementos.

En Cooperland*  atoparedes un espazo de recoñecemento e intercambio de prácticas cooperativas procedentes do extranxeiro, nacionais e sobre todo locais e rexionais.

O Encontro versará sobre formas de cooperación cidadá en catro áreas temáticas:

Coidados e reproducción socialEspazos públicos e espazos sociais; Espazos naturais e medioambientais; e Cultura e coñecemento libre.

E estructurarase nos seguintes obradoiros :

Cultura e práctica da cooperación; Sustentabilidade e crecemento das prácticas cooperativas; e Contexto das prácticas: Institucións, leis e gobernanza

Esperan aredor de 200 persoas compartindo xuntas experiencias en diferentes talleres. As propostas cidadás resultantes do Encontro presentaránse os cidadáns en cada un dos nodos locais (partners) e en Bruxelas no mes de novembro.

II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Ciudadás: http://cooperland.org – Email: contacto@cooperland.org

*Práctica Cooperativa: Iniciativa baseada na horizontalidade (de persoa a persoa – P2P) e na búsqueda do ben común. Tales coma: Bancos do tempo – Moedas sociais – Hortas Urbás – Cooperativas de vivenda – Montes comunais – Centros sociais – Grupos de consumo – Mercados de troco – Redes de coidados, …e un amplio etc. en vías de diversificación e expansión

Que é Cooperland?

Dende 2013 veñen traballando no proxecto Cooperland co obxectivo de impulsar unha rede de coñecemento de prácticas de cooperación no ámbito europeo. Creen que as prácticas cooperativas son cada vez máis estendidas entre a cidadanía europea; e que este tipo de relación de cooperación é unha ferramenta clave para a solución de problemas sociais.

Dende Cooperland pretenden reforzar estas prácticas, fomentar o intercambio, coprodución e axuda mutua entre a cidadanía a través de propostas concretas.

Cooperland é un proxecto proposto por investigadoras e consultoras do ámbito social (cooperativas Andaira e Qiteria) á convocatoria Europea de ‘Acción Cidadán’ (categoria: ‘Proxectos dos Cidadáns’). Tras ser seleccionado, obtivo a financiación da Unión Europea e o Concello da Cidade de Vigo. O proxecto lévase a cabo por unha agrupación de varias organizacións de 6 países: España, Italia, Holanda, Estonia, Croacia e Grecia que traballan xuntas durante o ano 2014.

Links de interese:

Vídeo – Presentación Cooperland 2014 (Vigo)

Cooperland 2014 – Programa e invitados confirmados (pronto subirán os invitados nacionais!)

Inscrición para persoas ou entidades (necesaria para facilitala loxística)

Encontros Cooperland 2013 e 2014 (que é?)

Evento de facebook: II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás  (Pódese compartir o evento, agradecen a súa difusión)