FIARE BANCA ÉTICA, co sector cooperativo
Un novo convenio asinado por EspazoCoop
Dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop prácenos comunicar ás asociadas que asinamos un convenio de colaboración con Fiare Banca Ética para apoiar ás cooperativas en temas financeiros, mediante produtos de finanzas éticas cooperativas.
A través deste acordo as socias poderán acceder a información e a liñas de financiamento de Fiare de interese para o sector cooperativo.
Fiare Banca Ética é unha entidade bancaria de finanzas éticas cooperativa.
Ofrece servizos bancarios cotiáns para entidades de alto valor engadido. Ten unha longa experiencia no financiamento de entidades e empresas sociais e é unha ferramenta bancaria para avanzar cara a un modelo de sociedade máis xusto, sustentable e igualitario.
A súa misión é recuperar o valor social do diñeiro e traballar con organizacións que compartan os principios de cooperación, solidariedade e equidade, co fin de financiar proxectos relacionados coa economía social nas áreas de inserción social e laboral das persoas. Agroecoloxía, eficiencia enerxética, educación e cultura, cooperación internacional, comercio xusto, entre outros.
Por exemplo, dende a Unión vos presentamos produtos como o Novo Anticipo Exprés ou os Servizos do Día a Día:
Novo Anticipo Exprés
A finais do ano pasado, o banco lanzou o Anticipo Exprés, un novo produto de crédito para entidades que traballan coa Administración pública a partir de contratos e / ou axudas. Nos últimos tempos observouse que era unha necesidade das entidades sociais do sector e como resultado creouse un produto moi personalizado.
Resposta en 4 días hábiles desde a presentación de toda a documentación, cun proceso en liña e fácil de xestionar en só 3 pasos.
Fai clic : Tríptico Anticipo Exprés
Servizos do día a día
Co fin de ser unha entidade ao servizo da economía social, os servizos de conta corrente permiten xestionar as operacións cotiás das entidades como a transferencia de recibos, transferencias, pagamentos de nóminas, impostos e contribucións. Somos banca, somos ética.
www.fiarebancaetica.coop/contacto
Agardamos que sexan do voso interese!.