Facémonos eco da iniciativa do Mercado Social que por sexto ano celebran en Aragón do 25 ao 27 de setembro na cidade de Zaragoza, unha feira na que se dan cita cooperativas, empresas de inserción, centros especiais de emprego, asociacións, fundacións, entidades de redes de economía solidaria, ou tamén empresas de comercio xusto e agroecoloxía.

A construción de Redes de Mercado Social son unha iniciativa que xa ten impulso non só en Aragón, senón tamén en Madrid, Euskadi, Navarra ou Sevilla, son redes nas que participan unha gran variedade de cooperativas, entre outras entidades. Estes mercados potencian a visibilidade, e sostenibilidade das entidades de Economía Social e Solidaria e, especialmente, crean circuitos alternativos ao comercio convencional desde a perspectiva do consumo responsable.

A Feira de Mercado Social que se celebra este mes en Zaragoza está organizada pola cooperativa MESCoop, e o obxetivo principal é achegar á cidadanía as propostas existentes en Aragón da economía social e solidaria para un consumo consciente, responsable e transformador. Contará con stands informativos e de venda de produtos e servizos : alimentación ecolóxica e de proximidade, finanzas éticas e solidarias, transporte sostible, comercio xusto, enerxías renovables, xardinería, construción, téxtil, ocio e cultura, hostalaría, asesoría, educación, etc. Tamén se realizarán diferentes actividades con fin de reflexionar e visibilizar a economía social e solidaria desde diferentes ángulos. Un programa completo de micro- charlas e talleres.

Fai clic para ver o Programa da Feira:   VI Feira MERCADO SOCIAL de Aragón, 25-27 de setembro de 2015 en Zaragoza

Podes visitar a web do Mercado Social de Aragón: http://aragon.mercadosocial.net/

 

Que é o Mercado Social ?

“Unha rede de produción, distribución e consumo de bens e servizos que funciona con criterios éticos, democráticos, ecolóxicos e solidarios, constituída por empresas e entidades da economía social e solidaria xunto con consumidores e consumidoras individuais e colectivos, cuxo obxetivo é cubrir unha parte significativa das necesidades das súas participantes dentro da rede e desconectar a economía solidaria da economía capitalista,  tanto como sexa posible”, trátase de “Construír un espazo de consumidoras, proveedores e distribuidoras, donde a cidadanía podamos exercer a nosa opción de consumo con compromiso social”.

Podes visitar a web do Mercado Social: Konsumoresponsable.coop