EspazoCoop participou onte, 23 de novembro, no acto de Sinatura do Pacto Local polo Emprego do Concello de A Coruña. O representante da unión, Celso Gándara, estivo xunto as 25 entidades do tecido social e empresarial da cidade, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema.
Coa sinatura búscase “promover a mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas demandantes de emprego do Concello da Coruña”. Tanto o Concello como as entidades e organizacións comprometidas co Pacto teñen o obxetivo de traballar en rede co fin de fomentar a actividade económica e impulsar o emprego, así como facilitar o cumprimento do Plan Municipal de Emprego, artellado de forma participada entre o goberno local e os principais actores implicados no sector.
Ademais do propio Concello, as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego son a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), Arquitectura sen Fronteiras, Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Asociación Down Coruña, Asociación de Empresarias da Coruña, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), Asociación de Jóvenes Empresarios da Provincia da Coruña (AJE), Asociación de Traballadores por conta propia de Galicia (ATA-Galicia), Cámara de Comercio da Coruña, Cáritas interparroquial da Coruña, CCOO, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP, Cruz Vermella na Coruña, Ecos do Sur, Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES), Fundación Juan Soñador, Fundación Juana de Vega, Fundación Mujeres, Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Universidade da Coruña (FUAC), UGT e Universidade da Coruña (UDC).
Segundo o alcalde Xulio Ferreiro “este pacto, ao que poden adherirse progresivamente máis entidades, trata de establecer uns compromisos de traballo coordinado entre o Concello e as entidades vinculadas coa inserción laboral e a empregabilidade”, e funcionará mediante a Comisión Institucional, a Comisión Técnica, e as Mesas Temáticas de debate. Así tamén, o Concello, como entidade promotora que dirixe e lidera o pacto encargarase de fomentar a creación de redes de intercambio metodolóxico e técnico entre as entidades sociais, de cara a reducir os índices de desemprego e desigualdade social.
Fonte: EntreNós Dixital