En novembro de 2014 celebrouse o I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria na cidade de Zaragoza organizado por Reas Aragón (Rede de Economía Alternativa e Solidaria). Neste congreso participou unha delegación galega, formada entre outras, por persoas membros da Federación de Cooperativas Sinerxia, Ugacota e cooperativas asociadas.
O congreso reuniu a 700 persoas de 200 entidades distintas, de organizacións sociais, administracións, empresas, persoas emprendedoras e consumidoras comprometidas para pór en común experiencias ao redor da economía social e solidaria e dialogar sobre as súas posibilidades de futuro.
Agora xa están disponibles as conclusións do encontro, fai clic : Conclusións Congreso ESYS.
O documento de conclusións trata de recoller a riqueza das discusións e encontros que tiveron lugar durante os días do congreso e tamén durante a súa preparación. Os contidos estrutúranse en primeiro lugar cun listado de propostas concretas destinadas ás diferentes administracións públicas, e despois os materiais completos dos diferentes eixos temáticas do encontro.
“Unha vez acabado o congreso o desafío que se plantexa para o movemento de Economía Social e Solidaria é estar á altura das expectativas xeradas. Para elo o traballo máis que terminar acaba de empezar. Trátase agora de facer unha extensión e posta en contacto das propostas elaboradas conxuntamente durante ditos días de encontro”, (Conclusións do Congreso ESYS).