A Universidade de Vigo ofrece un Curso de Extensión Universitaria do 9 ao 12 de setembro de 2014, que se desenvolve en Bueu, na Aula do Museo Massó. Promovido polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroalimentaria (gieea) ofrece un interesante plantel de experiencias cooperativas entre outras máis. O curso tratará de:

– Facer partícipe á cidadanía de experiencias dinamizadoras que empreguen recursos locais.

– Realizar transferencia de coñecemento a emprendedores(as) locais das fórmulas cooperativas de organización para o desenvolvemento de iniciativas dinamizadoras a partir de recursos xerados por entidades coas que colabora GIEEA.

– Facer partícipe á cidadanía das posibilidades de financiamento alternativo en Galicia para as iniciativas dinamizadoras.

Inclúe charlas sobre o modelo cooperativo (Federación de cooperativas Sinerxia), sobre financiamento ético na economía social (Coop57 e Fiare), experiencias cooperativas como Monte Cabalar (cooperativismo para a xestión do territorio e dos recursos propios),  Biocoop (innovación no rural empregando razas de vacún autóctono), Nornas (turismo, ocio e cooperativismo), Árbore (cooperativismo de consumo e o seu papel no fomento dos novos proxectos agroecolóxicos) Milhulloa (aproveitamento das plantas mediciñais e hortalizas), Trespés (as algas como recurso de aproveitamento local), O canto da balea (promoción da pesca artesanal responsable), ademais de temáticas sobre as Comunidades de Montes, biomasa forestal, hortas, recursos mariños, conservas e afumados …

Fai clic : Programa – Avanzando na dinamización local con recursos propios

Información:

Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroalimentaria

ecoecoagro@uvigo.es – http://webs.uvigo.es/economiaecoloxica/

986 812511 / 986 812506

Matrícula:

Taxas: 30 € (*) – Créditos : 2 – Créditos ECTS: 1

Extensión universitaria : 986 813626

http://extension.uvigo.es/extension_gl/cultura/cursos/

* Os membros da comunidade universitaria ou residentes no concello de Bueu terán un desconto do 25%, e os que, ademais, sexan bolseiros do MECD, un 50%