As cooperativas, a súa idea e a práctica dos intereses comúns organizados en cooperativas, foron incluídas na Lista do patrimonio cultural inmaterial da humanidade. A decisión foi adoptada polo Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, celebrado o 2 de decembro, na ciudade de Addis Abeba en Etiopía.

Este Comité é o instrumento xurídico internacional que desde 1992  trata de dar resposta ás posibles ameazas sobre o patrimonio derivados dos procesos de globalización e das transformacións sociais que continuamente estamos vivindo.

A importancia deste recoñecemento, patrimonio cultural inmaterial, non estriba na manifestación cultural en si, senón no valor social e económico desta transmisión de coñecementos é pertinente para os grupos sociais tanto minoritarios como maioritarios dun Estado, e reviste a mesma importancia para os países en desenvolvemento que para os países desenvoltos. O patrimonio cultural inmaterial é importante porque infúndenos un sentimento de identidade e pertenza vinculando noso pasado co noso futuro a través do presente.

A UNESCO recoñece desta forma a aportación mundial e transformadora do movemento cooperativo no seu conxunto e descrebe ás cooperativas como entidades que “permiten a construcción de comunidades a través de intereses e valores compartidos, creando solucións innovadoras aos problemas sociais, xerando emprego e axudando ás persoas a construír proxectos”

A principios,  deste ano,  tamén se agregou á Memoria do Mundo da UNESCO a colección de correspondencia de Robert Owen, fundador do movemento cooperativo.

Desde agora o movemento cooperativo forma parte, de maneira oficial, do patrimonio mundial común,  o que debe traducirse nunha maior protección e salvagarda,  por parte de gobernos e axencias mundiais, das cooperativas e das organizacións que velan pola súa continuidade.

Máis información: http://www.unesco.org/culture/ich/en/decisions/11.COM/10.B.14

Foto: Anna Elias

Fonte da nova: womenandcooperative.wordpress.com