Mostra do Posible | 5 e 6 de outubro
A Mostra do Posible é un evento que pretende divulgar o traballo dos Movementos Sociais e das entidades da Economía Social e Solidaria. Trátase dun encontro para visibilizar os colectivos, organizacións e empresas que están desenvolvendo alternativas reais nas que apoiarse para construír entre tod@s un mundo máis xusto.
Este ano celébrase a 3ª edición da Mostra, unha vez máis en Cangas do Morrazo e contempla 20 actividades dende a economía social e solidaria.
Será os días sábado 5 e domingo 6 de outubro.
Nova Faro de Vigo, presentación da Mostra: aquí
3ª Mostra do Posible: web – facebook
Na mostra colaboran: REAS Galicia – Concello de Cangas – A Tiradoura
| Programación |