Día da eliminación da violencia contra as mulleres 25 N


Mulleres cooperativistas, mulleres apoderadas

Manifesto 25N elaborado de maneira cooperativa pola Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado – COCETA – e a súa rede territorial de organizacións: ACEL, ANEL, ASESCAN, ASATA, COOPERAMA, CLAMCOOP, Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP, FAECTA, FEVECTA, FCTC, KONFEKOOP, OWEN, UCOMUR, UCETA e UCTAIB.

 

 

Para as cooperativas de traballo asociado, a igualdade real entre mulleres e homes e a loita contra toda forma de violencia que se exerce sobre as mulleres é un obxectivo irrenunciable. Por iso, en coherencia con estes compromisos, o movemento cooperativo de traballo de toda España une as súas voces para denunciar a situación que sofren as mulleres en todo o mundo e reclama políticas transversais para a súa erradicación.

Desta forma, e en representación de máis de 17.300 empresas cooperativas, alzamos a voz fronte a quen levanta a man para maltratar ou asasinar a unha muller e fronte a quen o permite, descúlpano ou o maquillan. Así mesmo, denunciamos a violencia estrutural que sofren as mulleres en todos os ámbitos da vida e esiximos o compromiso e a adopción de medidas no plano individual, social e político para acabar con esta situación.

Ao redor deste 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e fieis ao noso espírito de transformación social, aos valores que guían o noso código de conduta e as nosas decisións empresariais, como son a democracia, a igualdade, a solidariedade ou a educación e formación, non nos conformamos coa situación de desigualdade que moitas mulleres padecen hoxe día, e que, en demasiadas ocasións, desembocan en situacións de violencia e morte.

Na concreción práctica do día a día, as cooperativas de traballo ofrecemos un desenvolvemento profesional e persoal dignos a quen as integra, un benestar que reverte en barrios, municipios e comunidades. Somos empresas que propugnamos a igualdade dentro e fóra da contorna de traballo, empresas de persoas iguais, con idénticos dereitos e obrigacións. Por iso, contribuímos a empoderar ás mulleres a través dun proxecto laboral e profesional dignos e estables. As mulleres cooperativistas, cun traballo estable e de calidade, teñen máis recursos para saír dunha situación de violencia de xénero e desenvolven a súa faceta profesional nun espazo empresarial que axuda a amortecer as situacións de inxustiza que promove do sistema patriarcal.

Neste marco, mulleres cooperativistas das diferentes Comunidades Autónomas, levantamos a voz para que a situación de violencia estrutural que soportamos non caia no esquecemento: