Ministros de 11 países europeos, incluida España, asinaron a Declaración de Madrid o 23 de maio, un documento que pretende situar ao sector da economía social no centro das políticas económicas europeas e lanzar unha “economía europea da Economía Social” que permita impulsar o seu desenvolvemento.

A economía social aglutina a 2 millóns de empresas europeas, que dan emprego a 14,5 millóns de persoas e xeneran o 8% do PIB europeo. Dentro deste sector económico, as cooperativas de traballo representan unha parte destacable e a máis numerosa das empresas da economía social.

En calidade de presidente da Confederación Española de Empresas de Economía Social (CEPES), Juan Antonio Pedreño, defendeu que as empresas da Economía Social “permiten crear perspectivas económicas positivas e ofrecen mellores oportunidades”, entre outras persoas, á mocidade.Pedreño, quen preside tamén a patronal do sector en Europa, Social Economy Europe, suliñou tamén que “son empresas que nacen fortes para dar respostas aos desafíos da cidadanía europea, apoian un crecemento sostible e crean emprego estable e de calidade”.

Desta maneira, o presidente de Cepes destacou que se trata de empresas que “traballan coas persoas, polas persoas e polo interese xeral”.

Ademais, quiso deixar claro que “constitúen un pilar fundamental en termos de cohesión social e emprego en Europa, e un motor de cambio ante os retos aos que se enfrenta a UE”.

Neste sentido, considerou que é o “momento” do que a UE dé un “paso adiante sólido e firme” para impulsar a Economía Social, pois este é un “actor primordial para unha UE máis forte, sólida e sostible”. En concreto, apostou por un plan de acción para os próximos anos no que se marquen obxetivos socioeconómicos concretos.

A Cumbre e os compromisos a futuro

A Cumbre de Economía Social de Madrid foi o maior evento europeo sobre Economía Social xamais celebrado. Estuvieron presentes miembros dos gobernos de España, Luxemburgo, Portugal, Suecia, Grecia, Italia, Rumanía, Eslovenia, Malta, Bulgaria e Chipre.

Os países asinantes da Declaración de Madrid solicitan que Europa pase das palabras aos feitos. Recordan que nos últimos anos ucedéronse documentos -sen concreción- do Consello de Europea, o Parlamento Europeo, a Comisión Europea e o Comité das Rexións, e declaracións formais como a Estratexia de Roma, as declaracións de Luxemburgo, Bratislava e Liubliana.

A Declaración de Madrid’ reivindica máis concreción: “incluír e apoiar ás empresas da Economía Social, a través de programas, proxectos e fondos, e no desenvolvemento anovador e sostible dun ecosistema financeiro adecuado”. Ademais, solicitan fomentar a Economía Social desde as escolas, a creación de mecanismos comúns de coordinación ao máis alto nivel no marco da UE e a inclusión da Economía Social no plan de traballo para 2018 no Plan de Acción Europeo 2018-2020.

Os gobernos asinantes amosaron estar convencidos de que a promoción da Economía Social dentro da UE “contribuirá activamente á cohesión social e, polo tanto, a un crecemento anovador, intelixente, sostible e integrador, ademais da creación de emprego de calidade”.

Asistencia

Neste acto, ao que asistiron máis de 400 persoas -representantes das institucións europeas, das empresas e entidades da Economía Social e de diferentes Administracións Públicas españolas-, foi inaugurado pola ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, quen asinou a Declaración de Madrid como impulsora ao Grupo Informal de Gobernos a Favor da Economía Social. Báñez definiu este documento como “un estandarte da marca España pola súa capacidade de crear e manteer o emprego, de anovar, competir e de facer da cohesión social un fundamento dos seus valores máis importantes”.

A xornada foi clausurada pola alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, quen concluiu que a economía social vai a ser o proxecto do século XXI porque as ideas das súas empresas son “extraordinarias”.

Galicia contou con representación

Ao acto asistiron Celso Gándara Carnero, Presidente da Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, Covadonda Toca, Secretaria Xeral de Emprego e José Montes, Presidente de Feiraco.

 

DECLARACIÓN DE MADRID : A Economía Social, un modelo empresarial para o futuro da UE

 

Fonte: Prensa Coceta