Si queres solicitar a túa participación nas nosas programacións formativas, e que incluamos os teus datos nas bases de datos de UGACOTA para que te enviemos información cumprida, por favor, fai clic aquí : CUBRE ESTE FORMULARIO E ENVÍANOLO

 

Informámoste :

En Ugacota vimos desenvolvendo diversas liñas de formación, de carácter gratuíto, ao longo do ano:

 

FORMACIÓN CONTINUA E DE RECICLAXE PROFESIONAL

Destinatarias: prioritariamente persoas socias e asalariadas de cooperativas, e doutras empresas e organizacións do sector da Economía Social, e tamén poden participar persoas en situación de desemprego.

Modalidade: os cursos son na modalidade de Teleformación, formación a través de internet, non presenciais.

Temáticas: os temas que tratamos nos cursos son variados, de :

Temática transversal aos diversos sectores de actividade das cooperativas e outras organizacións (xestión e administración, informática, organización, idiomas, finanzas, internet e redes, etc).

Temática específica das cooperativas, temas e condicións propias das cooperativas (introducción ao cooperativismo e emprendemento colectivo, xestión social cooperativa, plan empresarial cooperativo, etc.)

Financia: Estes cursos forman parte da formación de oferta, de convocatorias e programacións autonómicas e estatais. No caso da autonómica financiados polo Fondo Social Europeo e pola Dirección Xeral de Emprego e Formación; e no caso da programación estatal, financiada pola Fundación Tripartita para a Formación en el Empleo.

 

FORMACIÓN COOPERATIVA

Destinatarias: dirixida e aberta ao público en xeral, poden participar persoas socias e asalariadas de cooperativas, persoas emprendedoras, estudantes, persoas en desemprego, persoal técnico, profesionais, e calquera persoa interesada en xeral.

Modalidade : Os obradoiros que facemos soen ser cursos na modalidade presencial.

Temáticas:

– Autoemprego cooperativo: A formación ten unha especial atención ao impulso do emprego cooperativo, mediante a capacitación para o emprendemento colectivo, á súa creación e consolidación, e os temas que tratamos nos cursos son introdución ao cooperativismo, habilidades sociais nas cooperativas, plan de empresa cooperativo, etc.

– Mellora nas cooperativas: Tamén adoita a ofrecer cursos só para as cooperativistas, que teñen por obxectivo impulsar e implementar melloras nas súas organizacións (analizar e avaliar a cooperativa para implementar procesos ou plans de mellora en áreas como a comercial, organizativa, produción, económica-financeira, etc.)

– Xestión de cooperativas : Organizamos encontros e xornadas para as cooperativas co fin de prestar apoio en temas de interese relacionados coa xestión en cooperativas ou coas funcións xerenciais ( xestión do tempo, financiamento europeo, crowdfunding, networking – intercooperación -, comunicación comercial, etc.). Poden ser materias de índole transversal, ou, contidos e asuntos específicos das cooperativas (negociación financeira para cooperativas, contabilidade cooperativa, contratación pública e cooperativismo, etc.)

Financia: Trátase dunha formación realizada a través da Rede Eusumo, unha Rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar, para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

Onde se celebran? Os cursos incluídos nesta programación ao ser presenciais impartímolos en Centros e Entidades Adheridas á Rede Eusumo nas catro provincias galegas.

 

Moitas grazas por confiar en Ugacota para a túa formación!