A Secretaría Xeral de Igualdade convocou as axudas do Programa Emega 2014 para o apoio ao emprendemento feminino. O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de setembro.

As sociedades cooperativas entran dentro do ámbito desta convocatoria sempre e cando se trate de microempresas ou pequenas empresas.

O programa está dotado con 669.740 euros, e ten por obxecto incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia para :

– a posta en marcha de iniciativas empresariais

– a mellora de iniciativas empresariais

– ou a reactivación de iniciativas empresariais

Ademais do fomento da iniciativa empresarial da investigación ou de base tecnolóxica, como medio adecuado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral.

Incompatibilidades : as axudas do programa Emega son incompatibles con outras que estén vinculadas ao fomento do emprendemento e á creación de emprego.

Fai clic : PROGRAMA EMEGA 2014

 

Liñas de actuación:

1. Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino por conta propia e allea. Primas entre 12.000-22.000 €.
2. Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade. Primas entre 15.000-22.000 €.
3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual. Primas entre 6.000-22.000 €.
4. Liña ITEF: Específica de investigación ou tecnolóxica en feminino: programa de axudas económicas mediante primas para promocionar o mellor proxecto empresarial de claro carácter innovador, contido científico ou de base tecnolóxica nas empresas lideradas por mulleres e que comparten a creación de emprego feminino. Primas entre 30.000-50.000 €.
5. Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF, nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa. Primas entre 1.000-5.000 €.

Axuda DUAL : axuda a tanto global de 500,00 euros para promotoras que reciban subvención por calquera das liñas anteriores e que se comprometan a participar no programa de titorización que programe a Secretaría Xeral da Igualdade, para conseguir a pervivencia da empresa no tempo. Consistirá nun máximo de 5 entrevistas persoais e un seguimento para titorizar o proxecto subvencionado.

As liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF son incompatibles entre si e dentro de cada liña só se pode ser beneficiaria dunha única prima, agás na liña Concilia, en que unha empresa pode beneficiarse da prima por nais emprendedoras e dunha das establecidas en función da existencia de persoal asalariado.

Para as axudas desta convocatoria establécese o tope específico de 30.000 euros por empresa máis a axuda DUAL, incluídos os tipos de axuda da liña Concilia, excepto para a liña ITEF, que terá os importes reflectidos no seu programa máis a axuda DUAL e Concilia de ser o caso.

Máis información : 

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE : San Lazaro, s/n . 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Teléfono: 981545351 Fax: 981957690. Email: promocion.igualdade@xunta.es
Información web: http://www.mulleresengalicia.es