A Xunta de Galicia convoca a segunda edición dos Premios RSE Galicia
Os galardóns teñen carácter honorífico, carecen de dotación económica, e recoñecen as empresas galegas en catro modalidades: social, ambiental, económica e de conciliación e promoción da igualdade de xénero. O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 1 de outubro.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca os ‘Premios RSE Galicia 2016’ que recoñecerán a aquelas empresas públicas e privadas galegas, ou con centros de traballo en Galicia, que nas súas políticas e sistemas de xestión implanten e poñan en funcionamento os principios e prácticas de responsabilidade social empresarial. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases reguladoras destes galardóns, que a Xunta de Galicia celebra este ano por segunda vez consecutiva.
Trátase dunha maneira de difundir publicamente o esforzo que levan a cabo as empresas galegas en RSE e, á súa vez, de sensibilizar ao tecido empresarial sobre a importancia de implantar a xestión responsable no seu negocio.
Bases reguladoras, fai clic : Aquí
Ampliación de prazo, fai clic: Aquí