Dende o Centro demostrador TIC de Galicia fannos chegar a súa oferta de actividades para os próximos día, e ven moi interesante, con actividades que nos achegarán información relacionada coa xestión de clientes con software libre e coa venda de produtos en liña.

Xornada: Xestión de Clientes con Software Libre

Lugar: CDTIC, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia:Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo, 15702 – Santiago de Compostela

Teléfono: 881 995 200

Data: martes 14 de outubro,

Horario: de 16:00 a 20:00hs

Inscrición: cdtic@xunta.es

A través deste seminario, de carácter eminentemente práctico, os asistentes poderán coñecer as alternativas en software libre para a xestión de clientes e comprobarán de primeira man as vantaxes de aplicar estas solucións ao seu negocio. Os asistentes obterán coñecementos para seleccionar a solución máis axeitada á súa empresa, e estimar os custos de posta en marcha e mantemento da solución.

 

Xornada: A experiencia de xestionar unha tenda en liña. Os erros que non se deben cometer

Lugar: CDTIC, Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia:Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo, 15702 – Santiago de Compostela

Teléfono: 881 995 200

Data: mércores 15 de outubro,

Horario: de 16:00 a 20:00hs

Inscrición: cdtic@xunta.es

Os asistentes coñecerán, desde unha visión práctica e real, como se leva a cabo desde cero e cales son os erros máis comúns da posta en marcha dun proxecto de comercio electrónico.

 

Tamén nos informan de que dende a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia están traballando na elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a folla de ruta en materia tecnolóxica co horizonte 2020. Queren que este sexa un proceso participativo e convídannos a participar, a través do Blog XenteDixital (http://blog.adg2020.es/) na campaña para a participación social, para que calquera persoa poida achegar as súas suxestións libremente ou dar resposta a unha serie de desafíos tecnolóxicos que se formulan. Dende o 16 de setembro e ata o 15 de outubro estarán abertos os seguintes novos desafíos sobre os que poderán facer as súas achegas:

  • Como aplicarías a tecnoloxía para mellorar a educación do futuro?
  • Que farías para aumentar o uso das novas tecnoloxías nas empresas?
  • Que novas solucións tecnolóxicas proporías para modernizar os sectores primarios de Galicia?